• Novas
  • 05 de octubre de 2023

COGAMI xestionará o Servizo de Atención Temperá do Concello de Mos

COGAMI xestionará o Servizo de Atención Temperá do Concello de Mos

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o coordinador de Atención Temperá de COGAMI Álvaro García e o coordinador de COGAMI en Mos, acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron as instalacións do Sevizo Municipal de Atención Temperá do Concello de Mos, un servizo que lle foi adxudicado á Confederación en Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 15 de setembro.

Este servizo de atención temperá, situado nas instalacións da ludoteca de Louredo, coñecida como as antigas Ecolas Unitarias, conta cun cadro de persoal formado por catro profesionais: 1 psicóloga, 2 logopedas e 1 fisioterapeuta. Este equipo presta servizo a máis de 100 familias tanto do concello como da contorna.

Co fin de mellorar a autonomía e calidade de vida das nenas, nenos e familias a través dun asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades, este servizo municipal de Atención Temperá está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Este novo servizo de atención municipal que inicia a súa xestión COGAMI vense a unir aos que xa xestiona, sendo o primeiro destes o da Mancomunidade do Baixo Miño que iniciou no ano 2020 e ao que se lle uniron o dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral a primeiros de 2022, ademais do Concello de Sada, no mesmo ano.

.

Galería de imaxes