Educación física inclusiva ao alumnado con discapacidade, seminario organizado por COCEMFE e COGAMI
  • Novas
  • 19 de noviembre de 2021

Educación física inclusiva ao alumnado con discapacidade, seminario organizado por COCEMFE e COGAMI

Un total de 95 profesionais de educación física de toda España déronse cita a través da rede para asistir a unha conferencia online que organizaron conxuntamente COCEMFE e COGAMI. Baixo o título de Educación Física Inclusiva, este seminario pretendeu ser un exemplo do que se pode chegar a facer para que a educación seca inclusiva e poida chegar a todo tipo de alumnado.

Este seminario contou coa participación de Juan Díaz, profesor de educación física e o que foi o seu alumno durante anos no colexio Maximino Romero de Lema de Baio, Adrián Torrado, un neno exento desta materia porque, ao ter parálise cerebral, críase que non podía facer. Tanto profesor como alumno traballaron duramente, de tal xeito que Adrián entrou gateando no colexio e saíu andando polo seu propio pé. Agora, estes dous protagonistas queren que a súa experiencia sirva como exemplo para outras nenas e nenos con discapacidade.

Con estes proxecto de educación inclusiva, dende COGAMI e COCEMFE deféndese que a formación permanente do profesorado é un dos eixos fundamentais para proporcionarlles as ferramentas necesarias e poñer en práctica unha pedagoxía para todas as persoas.