• Novas
  • 25 de abril de 2023

Máis de noventa persoas resultaron beneficiarias do programa de atención especializada para persoas con discapacidade da asociación membro AFFOU

Máis de noventa persoas resultaron beneficiarias do programa de atención especializada para persoas con discapacidade da asociación membro AFFOU

A Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense, AFFOU, desenvolve un programa na provincia de Ourense para mellorar a calidade de vida das persoas asociadas á entidade. Durante o ano pasado foron máis de noventa persoas con fibromialxia e síndrome de fatiga crónica as que se beneficiaron, mellorando a súa calidade de vida a través da atención integral das súas necesidades.

Este programa é posible coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través dos fondos recadados do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social.

O programa que desenvolve AFFOU ofrece atención social, psicolóxica e terapias físico-rehabilitadoras dirixidas ás persoas con fibromialxia e fatiga crónica.