• Novas
  • 05 de marzo de 2019

No Día Mundial da Linfedema, AGL manifesta que:

No Día Mundial da Linfedema, AGL manifesta que:

En todas as Comunidades do Estado Español existen persoas afectadas de Linfedema e Lipedema, e en base a nosa experiencia sabemos que non están diagnosticadas ou o son de forma tardía, moitas non reciben unha información correcta sobre a enfermidade, hai largas listas de espera ou problemas para acceder a un tratamento intensivo que inclúa o necesario mantemento, e moitos pacientes se ven forzados a costearse a súa propia atención médica. Por todo iso:

1. Defendemos unha Sanidade Pública, de acceso universal, tal e como queda reflexada na nosa Constitución. O noso obxectivo é recibir unha calidade asistencial dos servizos dos que somos persoas usuarias diretas.

2. Queremos manifestar a necesidade dunha cohesión territorial en canto a prestacións e tratamento a través da Sanidade Pública, sen discriminación ou exclusión por razóns de residencia, en relación a métodos de diagnóstico e a utilización de tratamentos de calidade, incluso os de reciente aparición.

3. Queremos propoñer a implantación de Unidades de Linfedema e Lipedema en Hospitais, dotados de equipos multidisciplinares que poidan proporcionar unha atención sanitaria de calidade e ofrecer unha atención integral en todos os aspectos médicos e psicosociais dentro da sanidade pública.

4. Consideramos fundamental coñecer a prevalencia e a incidencia do Linfedema Primario e Secundario e do Lipedema para que poidan así destinarse os recursos necesarios ao tratamiento esta enfermidade. Queremos impulsar estudios epidemiolóxicos que aborden problemas de saúde das persoasafectadas por linfedema e lipedema.

6. Pedimos que se revisen algunhas prácticas actuais que se utilizan como tratamentos que supoñen un perigo ou empeoramento para a saúde, como son a prescripción indiscriminada de determinados fármacos ou a mala utilización dos sistemas de presoterapia, entre outros.

7. Entendemos que la edad no debe ser motivo de exclusión en la valoración y tratamiento de la enfermedad ya que al tratarse de patologías crónicas puede manifestarse en cualquier etapa da vida.

8. Solicitamos que se instauren programas de detección precoz do Linfedema, Lipedema e Flebedema,para que profesionais da saúde poidan derivar á persoa afectada ao servizo correspondente: Anxioloxía e Ciruxía Vascular, Medicina Interna, Dermatoloxía e Servizo de Medicina Física e Rehabilitación, etc.…

9. Debe existir unha maior información tanto para profesionais da saúde como para paciente, para poder acceder ao tratamento idóneo o antes posible, evitando o empeoramento da enfermidade, que conduce a un estado irreversible nun maior grao de invalidez, o que pode repercutir negativamente no acceso aomundo escolar,laboral e á integración social.

10. Solicitamos que o Ministerio de Sanidade e Ciencia elimine do seu listado como posible pseudoteparia en estudio  o  Drenaxe Linfático Manual, xa  que o  Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España recoñece dita técnica como indispensable para o tratamento dunha  das secuelas máis importantes nas mastectomías, como é o Linfedema. Así mismo solicitamos que o Sistema Público Sanitario financie as terapias de mantemento con drenaxe linfático manual adecuada a cada paciente, dado que actualmente o está costeando paciente.

11. Consideramos preciso incluir na carteira de prestacións das Consejerías de Salud, as prendas ortopédicas adecuadas ás necesidades de cada paciente.

12. Pedimos que se teñan en conta as limitacións que produce o Linfedema e o Lipedema no momento de realizar valoracións de Incapacidade Laboral, Discapacidade e Dependencia

13. Queremos ser un órgano interlocutor válido ante as Institucións Sanitarias en defensa do/a paciente, establecendo relacións de formación, información, coordinación e cooperación coas institucións e con asociacións afins tanto nacionais como internacionais.

NON QUEREMOS SER INVISIBLES para a Sociedade!