• Novas
  • 20 de junio de 2022

Oitenta persoas asociadas de Agadhemo asisten á asemblea xeral organizada en Santiago

Oitenta persoas asociadas de Agadhemo asisten á asemblea xeral organizada en Santiago

A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) reuniu no Hotel Puerta del Camino de Santiago a preto de oitenta persoas asociadas con algunha outra coagulopatía conxénita para asistir á Asemblea Xeral.

Ademais de facer un repaso da xestión e dos resultados durante o ano 2021, na asemblea deron conta das actuacións e mobilizacións feitas durante os dous anos de pandemia por parte da entidade para conseguir que o Sergas manteña a súa vontade de diálogo cos pacientes con algunha coagulopatía, facéndoos partícipes das decisións relacionadas coa seguridade dos seus tratamentos. Ao remate da asemblea fíxose un repaso das novidades en tratamentos, dos que hai actualmente na carteira de servizos e dos que están por vir.

Durante estas asembleas anuais, dende Agadhemo poñen en común os últimos avances que melloran a calidade de vida e ofrecen opcións ás persoas con hemofilia ou outra coagulopatía conxénita, a través de novas liñas terapéuticas e maior eficacia e seguridade.

Na clausura, a presidenta de Agadhemo, Laura Quintas, estivo acompañada polo subdirector xeral de xestión asistencial e innovación do Sergas, Alfonso Alonso, e mailo membro da xunta directiva de COGAMI, Ignacio Rodriguez.