Persoas usuarias de COGAMI aprenden a manexar a aplicación #AccesibilidadAPP, co fin de poder recoller todas as incidencias de accesibilidade que existen en rúas, edificios, infraestruturas e transporte.
Financiado por COCEMFE a través dos fondos que chegan do IRPF cando se marca o recadro de Fins Sociais, esta aplicación é unha das ferramentas que está dentro do programa Crea autonomía.
Co fin de poder manexarse adecuadamente con esta aplicación, estanse a levar a cabo formacións tanto teóricas como prácticas, que consisten en paseos e batidas para ensinar como funciona a app e poder tamén recoller todas as incidencias que podemos atopar na contorna.