A familia COGAMI medra e así o corrobora a entrada durante esta fin de semana de tres asociacións novas na Federación COGAMI Pontevedra, durante a celebración da XXV Asemblea Xeral Ordinaria en Vilagarcía de Arousa.
Alcer Pontevedra, Asem Galicia e AVEMPO son as tres entidades que entraron a formar parte da Federación provincial, que xa conta con 16 asociacións membro.
Alcer Pontevedra é a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, con sede en Vilagarcía, desenvolve actividades dentro do eido da difusión e a sensibilización, así como tamén promoven melloras na atención de pacientes renais.
Asem Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares traballa para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas afectadas e atender ás súas necesidades. Entre os servizos que presta está o préstamo de produtos de apoio, a atención psicolóxica, traballo social e a coordinación con diferentes profesionais do eido sanitario.
A terceira entidade en entrar é AVEMPO, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, que ten por misión a de axudar e informar ás persoas con esta enfermidade neurodexenerativa, realizando actividades, prestando servizos e brindando apoio para retardar a deterioración que da enfermidade.