A Organización subliña que, a aprobación onte no Congreso dos Deputados da reforma das leis de discapacidade e dependencia, amplía dereitos, elimina barreiras para acceder a prestacións e servizos, impulsa a asistencia persoal e reforza a accesibilidade. Así mesmo pon o foco na necesidade de garantir unha aplicación homoxénea da lei e dotala de financiamento suficiente para que os dereitos sexan efectivos.
A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), congregou este domingo 130 persoas no paseo marítimo do Burgo, en Culleredo, nunha nova edición da marcha solidaria CaminEMos, unha iniciativa que busca sensibilizar á sociedade sobre a realidade da esclerose múltiple.
A través da recuperación de vehículos fóra de uso, a reutilización de compoñentes e a innovación en Economía Circular, Trameve consolídase como un referente na xestión sostible do sector da automoción, demostrando que cada vehículo pode ter unha segunda vida con impacto ambiental e social.
A cita solidaria converteu un ano máis a praia de Coroso nun espazo de deporte, convivencia e inclusión, cunha recadación que se destinará integramente ao proxecto de vivendas inclusivas da entidade.
áis de 120 persoas participaron nunha xincana de catro probas e compartiron unha xornada de convivencia.
A xestión responsable dos recursos, a reutilización de materiais e a aposta por modelos de produción máis sostibles forman parte do ADN de COGAMI Empresarial. A través de diferentes unidades de negocio, o Grupo transforma a Economía Circular nunha ferramenta para protexer o medio ambiente e crear emprego inclusivo en Galicia.
O convenio permite manter no municipio un Punto de Información, Asesoramento e Orientación que evita desprazamentos ás persoas usuarias e facilita o acceso a recursos especializados
A entidade volveu colaborar nesta iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela, que este curso conectou a 77 estudantes con profesionais de diferentes ámbitos para facilitar a súa transición ao mercado laboral
Desde a creación de Coregal en 1995 ata o actual Grupo Empresarial formado por nove unidades de negocio con actividade económica e máis de medio millar de persoas traballadoras, COGAMI Empresarial leva tres décadas demostrando que é posible construír empresas competitivas cun forte compromiso coa inclusión social, a sostibilidade e a creación de emprego de calidade.
A incorporación de mulleres a ámbitos profesionais historicamente masculinizados é unha das liñas nas que COGAMI Empresarial continúa avanzando, favorecendo a igualdade de oportunidades e a creación de contornas laborais máis diversas e inclusivas.
A representación, preparada durante meses polas persoas participantes do centro de atención diúrna de COGAMI en Monte Porreiro, reuniu a preto de cen asistentes nunha xornada marcada polo humor, a inclusión e o talento.
Os cursos de Actividades administrativas na relación co cliente están cofinanciados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.