A Mancomunidade Terras de Pontevedra, composta polos concellos de Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa, encomendou a COGAMI o Servizo de Difusión de Reclamos Turísticos Accesibles neste destino.
Dende a área de accesibilidade de COGAMI puxéronse a traballar para informar de lugares onde comer, onde durmir e onde pasear e que sexan accesibles, pertencentes aos concellos que conforman a Mancomunidade Terras de Pontevedra. O primeiro paso está dado e pódese ver neste díptico.
Esta actuación finánciase con cargo ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra, para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Pontevedra, cofinaciado polo Fondo Social Europeo de desenvolvemento rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2007-2013.