Centro especial de emprego que se dedica ao transporte adaptado, unha actividade necesaria que xa se demanda dentro da propia organización COGAMI.
O transporte público non é accesible e non cubre todas as rutas necesarias no rural. Polo tanto, os primeiros vehículos de Accede Social cómpranse para desprazar a persoas asociadas, logo realizarán as rutas de centros de día e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e dalgún Concello que contrata os seus servizos.
Arestora conta cunha flota de 16 microbuses que benefician a máis de 200 persoas e ten un cadro de persoal conformado por 60 persoas, o 100% con discapacidade.
Visita la web de Accede Social
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.