Primeiro centro especial de emprego de COGAMI que inicia a actividade. Foi durante o ano 1994, despois de que un grupo de persoas con discapacidade se formara sobre a reciclaxe nun curso realizado con fondos europeos.
COREGAL abriu con 10 persoas contratadas. Hoxe en día é a maior empresa de economía social COGAMI, ten 175 persoas traballando nas plantas que están situadas en Santiago de Compostela, Carballo, Boiro e Mos, e xestiona puntos limpos de concellos de toda Galicia. O 92% do cadro de persoal ten discapacidade.
Se ben COREGAL iniciou dedicándose só á recollida de papel e cartón, hoxe en día está centrado na xestión integral de calquera tipo de residuo.
Visita a web de COREGAL
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.