Esta iniciativa de economía social dedicada á bolería e empanada abre en 1991 con 10 persoas traballando e distribuíndo o produto pola zona de A Coruña. Tres anos máis tarde, esta distribución deixou de ser local para converterse a nivel nacional, tendo como principal marca de identidade a empanada e a Tarta de Santiago.
Actualmente, Hornos de Lamastelle está investigando novos sabores para as empanadadas e xa vende fóra, concretamente chega a Suíza. Conta cun cadro de persoal de 75 persoas, destas, o 93% con discapacidade.
Hornos Lamastelle conta tamén cun punto de venda ao público, cuxo enderezo sería este:
Avda. Juan Flórez, 124, 15.005 A Coruña.
Teléfono: 981 239 050.
E-mail: tienda@lamastelle.gal
Horario: de luns a venres de 8.00 a 21.00 h. e sábados, domingos e festivos: de 9.00 a 21.00 h.
Visita a web de Hornos de Lamastelle