ORIXE:
A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) é unha entidade sen fins lucrativos que ten como misión promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con hemofilia e outras coagulopatías cara a súa plena integración.
OBXECTIVOS:
Os fins desta asociación son os seguintes:
- Impulsar e tomar conciencia por parte da sociedade, organismos e institucións, dos problemas que suscita a Hemofilia, en especial daqueles que teñan relación coas necesidades das persoas hemofílicas, tanto desde un punto de vista sanitario como social, educativo e profesional, fomentando as accións e medidas que procedan para o seu máis adecuado tratamento.
- Promover a afiliación á Asociación das persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, con deficiencia dos factores anti-hemofílicos ou outros factores conxénitos da coagulación, así como das posibles persoas portadoras ou transmisoras, procurando o control permanente do grupo, desde o punto de vista dos descendentes.
- Promover a integración, creación e promoción de centros laborais, educativos, ocupacionais e profesionais, incluídos os centros especiais de emprego.
- ...
As actividades que se realizan están encamiñadas a conseguir unha maior divulgación da problemática da hemofilia, ademais de por en contacto a profesionais e persoas afectadas por esta doenza.
- Actividades participativas.
- Asambleas, celebración do Día Mundial da Hemofilia, xornadas de formación, talleres...
- Área de proxectos e actividades.
- SAIP (Servizo de Atención e Información Permanente). O obxectivo é prestar asesoramento psicosocial e información ós socios, así como acompañalos en todo tipo de procesos legais.
- O proxecto Hemoescola, pretende crear espazos de convivencia e aprendizaxe para pais e nais de nenos e nenas con hemofilia, abordando a realidade sen dramatismos e desde unha perspectiva positiva.
- Apoihemos, programa de apoio psicolóxico co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia.
- Igualhemos, xornadas formativas para mulleres con hemofilia para favorecer a súa igualdade en materia de información, atención, formación e asesoramento, para favorecer a súa participación na vida asociativa.
- Atendhemos, Saluditinere, Volunthemo, Campamentos Hemocamp....
O noso enderezo é:
Rúa do Doutor Carracido, 128,
36205 Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986 28 19 60
Páxina web: www.hemofiliagalicia.com
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Non se atoparon resultados!