Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide

Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide

  • Dirección: Rúa Padre Pardo nº 33 1º
  • Código Postal: 15810
  • Localidade: Arzúa
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: amarai@amarai.es
  • Teléfono: 981500823
  • Teléfono móbil: 663899428
  • Fax: 981500823
  • Páxina Web: www.amarai.es

ORIXE:
No ano 1997 constitúese Amarai, cando un grupo de persoas con discapacidade e familiares destas deciden poñer en funcionamento unha asociación que teña como labor principal; a de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Posibilitando a plena inclusión destas persoas nos diferentes ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

MISIÓN:
Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

VISIÓN:
Unha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social de persoas con discapacidade.

VALORES:
Amarai basea a súa actuación nos seguintes valores:
Democracia interna.
Solidaridade entre os seus membros.
O impulso da participación dos seus membros e tódalas súas actuacións.
A transparencia e publicidade na xestión e actuación das/dos súas/seus socias/os.
Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares.
A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN
O noso ámbito de actuación son as Comarcas de Arzúa, Terra de Melide, así como concellos limítrofes.

PERSOAS ASOCIADAS:
Na actualidade temos 164 socias/os.


DESCARGAR ORGANIGRAMA

A sede central central de AMARAI forma o eixo central a nivel administrativo da entidade. A súa actividade divídese en dúas grandes áreas, a primeira formada polos servizos que se prestan, e a segunda polos programas e accións que se realizan.

Os servizos máis relevantes que levamos a cabo son:
– Información e asesoramento
– Intermediación laboral
– Servizo de accesibilidade
Estes servizos prestámolos co asesoramento de COGAMI.

Ademáis destes, na oficina de AMARAI realizamos todos os trámites burocráticos, así como intermediamos coas diferentes administracións de interese.

Dentro dos programas e accións debemos destacar os seguintes:
– Sensibilización e concienciación
– Saúde e rehabilitación
– Área cognitiva
– Formación
– Lecer e tempo libre

OFICINA

Rúa Padre Pardo nº33 1º

15810 Arzúa (A Coruña)

Teléfono 981 516 072

Email: amarai@amarai.es

Web: www.amarai.es

 


CENTRO DE RECURSOS AMARAI

Lugar de Cernadela s/n, Boimil

15818 Boimorto

Teléfono 981 516 072

Email: direccion@amarai.es

Web: www.amarai.es

 

Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

                                

III Xornada Ecuestre Amarai
  • Lecer
  • 29 de septiembre de 2019

III Xornada Ecuestre Amarai

Actividade Intercentros con temática cabalar

AMARAI organiza III Master-class Zumba
  • Lecer
  • 31 de mayo de 2019

AMARAI organiza III Master-class Zumba

Amarai organiza a III Master-class de Zumba inclusiva no Concello de Boimorto o vindeiro venres 31 de maio as 11.30 horas.

Amarai organiza a II Xornada Ecuestre
  • Lecer
  • 22 de septiembre de 2018

Amarai organiza a II Xornada Ecuestre

Será no centro ecuestre Marco das Pías en Sobrado dos Monxes o sábado 22 de setembro