Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Pontevedra

Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Pontevedra

ORIXE:

No ano 1988 o amparo das leis vixentes un grupo de persoas con discapacidade deciden crear na Comarca de Pontevedra unha Asociación co obxectivo de poder defender mellor os seus intereses tanto individuais como colectivos.

OBXECTIVO:

O obxectivo xeral é favorecer a integración social e laboral das persoas con discapacidade e conseguir a plena inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

Outros obxectivos específicos son:

  • Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade.
  • Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
  • Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os  problemas da discapacidade.
  • ...

 

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

AMIZADE da servizo a socios/as dos concellos da comarca de Pontevedra e outros próximos a capital de provincia (Ponte Caldelas, A Lama, Soutomaior, Moraña, Poio, Barro e Campo Lameiro, e outros veciños, como Marín, Meis, Portas, Meaño, Cambados, Ribadumia, Cuntis, Calda de Reis ou A Estrada).

Para o logro deste obxectivo, as actividades que se desenvolven dirixíronse cara tres liñas de
actuación:
 

  • Social: Sensibilizar ao conxunto da poboación da necesidade de conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria que dea cabida a todos os cidadáns e cidadás.
  • Persoal: Contribuír á mellora das condicións físicas, intelectuais e cognitivas, formativas,sociais e/ou laborais das persoas con discapacidade.
  • Familiar: Favorecer as relacións familiares das persoas con discapacidade ofrecendo información e asesoramento ás familias e posibilitando situacións de respiro familiar.

Entre as nosas actividades, destacamos:

  • Servizo de información e asesoramento coa finalidade de proporcionar información e asesoramento a persoas relacionadas directa ou indirectamente coa discapacidade
  • Servizo de fisioterapia.
  • Servizo de apoio psicolóxico
  • Servizo de logopedia
  • Actividades de tempo de lecer e ocio
  • Ximnasio adaptado
  • Grupo de apoderamento da muller con discapacidade "Mulleres Diversas"
  • Servizo de axudas técnicas AMISERPRE
  • Actividades de sensibilización e concienciación social e política
  • Voluntariado
  • Servizo de Accesibilidade no cal se ofrece asistencia técnica e orientación sobre deseño de espazos e materiais

O noso enderezo é:

Rúa Alemaña, 23 - baixo. Monte Porreiro

C.P 36162, Pontevedra.

Correo electrónico: amizade@asociacionamizade.org

Teléfono: 986 84 52 50

Móvil: 687 96 94 78

 

Facebook:

https://es-es.facebook.com/Asociacion.Amizade

Instagram:

https://www.instagram.com/asociacion_amizade/?hl=es

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!