Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

  • Dirección: Rúa Castelao nº5
  • Código Postal: 15940
  • Localidade: Pobra do Caramiñal
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: correo@asociacionambar.org
  • Teléfono: 981 832 905
  • Teléfono móbil: 607 356 550
  • Fax: 981 832 905
  • Páxina Web: www.asociacionambar.org

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito comarcal, que conta cun grupo social de 1.113 persoas. Levamos 40 anos mellorando a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

A nosa misión

Promover a independencia, a autonomía e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa comunidade.

A nosa visión

Lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Os nosos valores

  • Dereitos humanos e civís.
  • Autodeterminación e independencia.
  • Apoderamento.
  • Axuda entre iguais.
  • Participación e inclusión efectiva.
  • Diversidade.
  • Cooperación e solidariedade.

Ámbito de actuación

Na actualidade, Ambar apoia e presta servizos a persoas con diversidade funcional e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén outros concellos próximos, colaborando con entidades públicas e privadas que participan na intermediación de persoas con diversidade funcional e a súa participación económica e social.

Fotografías de Ocio na comunidade, performance do grupo de Artes Escénicas, da Carreira pola Diversidade, do Día da Muller e de emprego inclusivo.

Servizos de Atención Diúrna

Prestamos dúas modalidades de Servizos de Atención Diúrna especializados para as persoas con diversidade funcional, centro ocupacional e centro de día.

Servizo de Centro ocupacional Ambar:

  • Servizo de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional.
  • Desenvolvemento psicomotriz: actividades de psicomotricidade e piscina.
  • Programas de autonomía persoal
  • Programa de expresión e desenvolvemento artístico
  • Área de estimulación cognitiva.
  • Área de actividades manipulativas.
  • Programa de formación ocupacional.

Servizo de Centro de Día:

  • Servizos específicos de apoio preventivo e atención integral a persoas con diversidade funcional.
  • Apoio á familia ofrecendo un recurso de respiro familiar e mellorando o mantemento da persoa no entorno da súa comunidade favorecendo a vida no domicilio familiar.

Ambar na comunidade

Promovemos iniciativas e actividades na comunidade, fomentando a autonomía persoal e o apoderamento das persoas con diversidade funcional.

O deporte como forma de vida

Contamos cos programas de Vela para Todos e Móve-T. Ambos supoñen unha oportunidade para as persoas con diversidade funcional de desfrutar de alternativas de ocio saudable e diversas dentro da nosa comarca.

  • Carreira pola Diversidade: A Carreira pola Diversidade naceu no ano 2015, convertendo á Barbanza nun referente do deporte inclusivo ó ser unha das primeiras probas inclusivas en Galicia. ​A proba supuxo todo un avance, xa que abriu a participación a deportistas en modalidades de “Hand Bike” e “Cadeira de Atletismo”, excluídos na maioría das probas en Galicia. 

Levámola arte dentro, e tamén fóra

Promovemos a arte inclusiva a través de actividades como exposicións colectivas e representacións artísticas que mesturan a danza e a interpretación, co obxectivo de visibilizar o traballo artístico e transmitir ó público mensaxes de interese social.

Persoas con valor fan produtos con valores

Elaboramos de maneira artesanal produtos únicos que poñen en valor o potencial das persoas, axudando a cambiar a percepción que se ten da diversidade funcional. Os obradoiros de cestería, encadernación, maqueta de produtos, xabóns naturais e horto ecolóxico entre outros, fan posible esta labor.

Vivenda con apoio: Por unha vida propia!

Queremos que as persoas sexan protagonistas do seu proxecto persoal de vida. O programa de vida independente con apoio promovido nos Servizos de Atención Diúrna, permite ás persoas coñecer distintas alternativas de vida, de xeito que poidan escoller aquela que mellor se adapte ó seu plan vital.

Accesibilidade e vida independente

Os proxectos de Accesibilidade e Vida Independente dotan tanto ás persoas con diversidade funcional como ás entidades que así o desexen das ferramentas para crear un entorno máis inclusivo.

Queremos que todas as persoas poidan saír a rúa e desfrutar dela en igualdade, por iso promovemos a accesibilidade universal. Contamos cun servizo de asesoramento para toda aquela persoa ou entidade que o solicite para facer o seu fogar, negocio, concello ou actividade accesible.

  • Aportamos asistencia técnica e orientación sobre deseño de materiais, informes sobre niveis de accesibilidade en ámbitos concretos, sobre ámbitos xa construídos e ámbitos por construír ou reformar e material de accesibilidade.
  • Beneficiamos ás persoas usuarias de axudas técnicas mediante servizos axeitados a través dun convenio de colaboración con empresas do sector.
  • Procuramos recursos para todo tipo de persoas (con diversidade funcional, anciáns, puericultura, etc).
  • Consultaría de proxectos e execución de obras de eliminación de barreiras e adaptación na vivenda.

Emprego Inclusivo

Apostamos por crear unha cultura empresarial inclusiva para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego. Cada día máis empresas buscan profesionais diversos, que aporten diferentes enfoques e maneiras de solucionar os retos do día a día.

Servizo de Orientación Laboral

É un servizo de información, orientación e apoio para persoas con diversidade funcional demandantes de emprego. Ofrecendo unha atención persoal e axeitada a cada persoa. Facilitamos o acceso ós recursos públicos de formación e busca de emprego. Orientamos sobre habilidades sociais e laborais. Potenciamos a inclusión social e laboral das persoas.

Emprego Ambar

É un espazo de emprego inclusivo dentro da páxina web de Ambar que nace co obxectivo de mellorar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas con diversidade funcional e garantir a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego. A través da publicación de boletíns de emprego semanais, asesoramento e información para empresas.

EduDiversa

EduDiversa é un programa de asesoramento e formación sobre a atención á diversidade destinado á comunidade educativa, co obxectivo de crear aulas 100% inclusivas.

Nace da necesidade de prestar unha atención á diversidade baseada no modelo de Dereitos Humanos. Para logralo, Ambar ofrece formación gratuíta, asesoramento e apoio na adaptación de recursos educativos

Banco de Recursos EduDiversa

Banco de recursos educativos para facilitar a tarefa dos profesionais docentes na procura dos recursos que mellor se adapten ás características do seu alumnado.

OIGO

Oficina para a igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional:

  • Apoio e información.
  • Charlas, reunións e encontros familiares.
  • Formación.
  • Actividades de sensibilización.
  • Mediante este servizo recollemos e damos contestación ás consultas sobre: Accesibilidade e axudas técnicas, axudas económicas, educación e formación, movemento asociativo e laboral

Servizo de transporte adaptado

Programa de voluntariado

A nosa localización é:

Rúa de Castelao, nº 5.

C.P 15940, Pobra do Caramiñal,

A Coruña.

Correo electrónico: correo@asociacionambar.org

Teléfono: 981 832 905 // 607 356 550

Páxina Web: www.asociacionambar.org

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

     

III CARREIRA E ROMARÍA DA DIVERSIDADE

III CARREIRA E ROMARÍA DA DIVERSIDADE

O vindeiro domingo, 9 de Xullo, celébrase no lugar de Coroso, Ribeira, a III Carreira e Romaría da Diversidade da Asociación AMBAR.