ORIXE:
A Asociación de Persoas con Discapacidade AVANTE naceu no ano 1982, se ben nese momento tiña outro nome (Grupo de Minusválidos del Valle del Dubra), pasando despois a denominarse Asociación de Minusválidos do Val do Dubra e comarca, chegando a súa denominación actual e que agardamos definitiva en 2007.
MISIÓN:
AVANTE constitúese co fin de coordinar e defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade e os das súas familias, así como propulsar, na maioría do posible, a inserción social do colectivo.
OBXECTIVOS:
Entre os moitos obxectivos que nos propoñemos, podemos destacar:
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
Como cualificación do ámbito xeográfico da entidade optamos polo termo "supramunicipal", pois se ben nós saímos do que serían os marxes xeográficos dun concello, tampouco nós podemos encadrar como unha entidade comarcal, pois atopámonos con que os concellos nos cales temos presenza, dunha ou doutra maneira, pertencen a distintas comarcas (Santiago, A Barcala, Xallas, Ordes).
Centro de día
O centro de día está encadrado no Centro de Recursos de Niveiro e está autorizado para 20 persoas usuarias con 12 prazas públicas.
O centro ofrece servizo de coidado e apoio para persoas con discapacidade a partir dos 16 anos de idade. Trabállase, xunto coas familias, a autonomía persoal en temas como aseo, nutrición, condición física, habilidades sociais e equilibrio emocional.
Ofrecemos servizos especializados como logopedia, psicoloxía e fisioterapia.
Centro ocupacional
O centro ocupacional está encadrado no Centro de Recursos de Niveiro e está autorizado para 20 persoas usuarias con 19 prazas públicas.
O centro ofrece servizos destinados a mellorar a inclusión social das persoas usuarias a través de actividades como
Os dous centros comparten:
Servizo sanitario inscrito có número C-15-003148
Vivenda
A Vivenda Tutelada de Avante dentro do marco de promoción da vida autónoma ofrece os servizos propios de un recurso de carácter residencial (aloxamento, lavandería, manutención,…) pero dende a perspectiva da autoxestión e realización por parte dos usuarios da mesma. É dicir, Avante ten os recursos materiais pero son as persoas que alí viven as que realizan ditas actividades. Isto na práctica tradúcese nos seguintes programas: habilidades instrumentais, habilidades de relación social e tempo de lecer e ocio.
A vivenda está autorizada para oito persoas e abre de luns a venres agás períodos vacacionais.
Outros servizos
Dirixidos a poboación xeral e ás persoas con discapacidade e as súas familias.
O noso enderezo é:
Dirección: Nariño- Niveiro s/n
Código Postal: 15873
Localidade: Val do Dubra
Provincia: A Coruña
Correo electrónico: avante@cogami.gal
Teléfono: 981191490
Teléfono móbil: 607183693
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación