ORIXE:
A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia da Coruña (COGAMI CORUÑA), ten o seu orixe na Coordinadora de ámbito provincial que se crea o 10 de marzo de 1985, polo que xa ten máis de trinta anos de actividade no seu historial.
MISIÓN:
A Federación COGAMI CORUÑA é unha organización non gobernamental de ámbito provincial e sen ánimo de lucro, na que o principal obxectivo e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade. Traballa para acadar a máxima atención social para as problemáticas que presenta e conseguir a integración social das persoas con discapacidade da provincia. Esta labor maniféstase principalmente como apoios ás 26 entidades adheridas para que, individualmente e/ou colectivamente, acaden os seus fins.
As asociacións socias son:
Somos membro directo de COGAMI y COCEMFE.
Fins das actividades: Optimizar recursos e garantir servizos
A Federación traballa para coordinar os recursos e accións das asociacións socias, poñendo especial énfase na utilización óptima dos recursos materiais e humanos para unha eficiente labor en prol das persoas con discapacidade, cos menores gastos e os maiores resultados posibles. A Federación tamén traballa para garantir os servizos ás persoas usuarias das asociacións con menos recursos, sexa porque representan colectivos pequenos con necesidades especiais ou sexa pola súa situación xeográfica en zonas rurais con pouca densidade de poboación. Sendo unha entidade membro directa de COGAMI, complementa os seus recursos con esta entidade aproveitando así as sinerxías entre ambas entidades.
Entre as nosas principais actividades, encóntranse as seguintes:
Servizo de
asesoramento, orientación e apoio ás entidades sociosanitarias de COGAMI-CoruñaO principal obxetivo o fomentar a calidade de vida e a súa autonomía das persoas con discapacidade e a súas familias na provincia da Coruña, arbitrando instrumentos ou mecanismos tanto de coordinación como de prestación directa en materia sociosanitaria.
Guía de recursos sociosanitarios.
O noso enderezo é:
Modesto Brocos, 7, baixo
15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 574 698 // 981064387
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Xunta directiva
PRESIDENTE: Ramón Sestayo Lestón VICEPRESIDENTE: José Luís Costoya Quintela
SECRETARIA: Cristina Pet Canto TESOUREIRO: José Barrio Guldrís
VOGAIS: Milagros Rey Pérez
Adolfo López Baña
Teresa González Salvadores
Ramón Rodríguez Arnoso
Mª Jesús Pérez Piñeiro
Manuel Santos Lamas
Juan Guillermo García Gómez
Documentación: