ORIXE:
A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo "COGAMI LUGO", constitúese o 30 de novembro do ano 1996, vontade das cinco asociacións da provincia de Lugo que perseguen obxectivos comúns, e coa intención de unir sinerxias que repercutan nunha mellora resposta ás necesidades das persoas con discapacidade da provincia de Lugo.
MISIÓN:
Ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
As entidades integradas na asociación son:
- Asociación AGORA.
- Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense "A Mariña-Cogami".
- Asociación Galega de Hemofilia "AGADHEMO" (Delegación de Lugo).
- Asociación de mulleres con Discapacidade de Galicia "ACADAR".
- Auxilia Monforte.
- Alcer Lugo.
AMBITO DE ACTUACIÓN.
O ámbito de actuación de COGAMI LUGO é o de toda a provincia de Lugo, a través das zonas de influencia das asociacións que a compoñen.
Entre as nosas actividades, destacamos:
- Información, orientación e asesoramento.
- Trátase de achegar información especializada en tódolos aspectos relacionados coa discapacidade.
- Campañas de sensibilización.
- Lévanse a cabo distintas accións en materia de promoción e accesibilidade, así como asesoramentos relacionados coa mesma.
- Promoción e dinamización asociativa.
- Trátase de poñer en valor o asociacionismo como mecanismo de conquista das maiores cotas de benestar das persoas con discapacidade da provincia de Lugo, así como dar resposta na medida do posible ás súas necesidades.
- Potenciación do asociacionismo.
- Apoio e asesoramento ás entidades.
- Xornadas informativas.
- Participación en xornadas e foros.
- Colaboración con outras entidades
- Programas de voluntariado.
- O voluntariado é un pilar básico para as entidades asociativas que traballamos con e para a discapacidade. En moitas ocasións as persoas acoden ós servizos e actividades que precisan dunha atención constante que grazas ó labor das persoas voluntarias lles permite acadar distintos obxectivos: favorecer ó aprendizaxe en distintas disciplinas, autonomía nas súas actividades, mellora na atención individualizada, mellora das habilidades, etc.
- ....
Enderezo: Rúa da Luz nº 4
Código Postal: 27002
Localidade: Lugo
Provincia: Lugo
Correo electrónico: fed.cogamilugo@cogami.gal
Teléfono: 982253332
Páxina web: http://cogamilugo.org/
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Non se atoparon resultados!