Asociación das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

Asociación das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

  • Dirección: Estrada Coruña - Fisterra km 52; A Pedra, nº30 - Nantón
  • Código Postal: 15149
  • Localidade: Cabana de Bergantiños
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@integro.es
  • Teléfono: 981734985
  • Teléfono móbil: 650961649
  • Páxina Web: www.integro.es

ORIXE:

Somos unha entidade social sen ánimo de lucro fundada no ano 1992 para promover a integración das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. As nosas instalación en contranse no concello de Cabana de Bergantiños. Foi declarada de utilidade público no ano 2010.

                                                                                                                                                        

MISIÓN:

Lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade.

VISIÓN

O noso objetivo e lograr unha comunidade que valora a diversidade humana como valor fundamental e que as persoas con discapacidade podan participar e elexir libremente cómo vivir en iguald

ade de oportunidades.

VALORES:

Transparencia, inclusión, autonomía persoal, participación social, dereitos.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

A Asociación abarca as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

PERSOAS ASOCIADAS:

Actualmente contamos con 523 asociados.

 

 

CENTRO DE DÍA

É un servizo diurno destinado á atención integral das persoas con diversidade funcional a partir dos 16 anos. Consisten en proporcionar os coidados e o apoio necesario para lograr unha maior autonomía persoal e social. Tamén se facilita asesoramento ás familias para a mellora da súa calidade de vida.

As áreas que se traballan son a de autonomía persoal ( aseo, alimentación, saúde, nutrición, tarefas do fogar) , mobilidade ( fisioterapia, psicomotricidade, ximnasia de mantemento, motricidade fina) e ocio ( excursións, cine, biblioteca, museos, festas….)

 

 

 

CENTRO OCUPACIONAL

É un servizo diurno destinado a mellorar a formación e a capacitación ocupacional das persoas con diversidade funcional coa finalidade de acadar a súa inclusión laboral e social. A través deste servizo trátase de dar resposta ás necesidades das persoas usuarias e das súas familias normalizando o acceso ó mercado de traballo e xerando unha maior confianza e autoestima.

As actividades que encamiñadas a consecución dos obxectivos divídense en varias áreas: obradoiros ocupacionais ( xardinería , madeira, bixutería..) accións formativas ( informática, competencias básicas e habilidades sociais) actividades de autonomía persoal, práctica deportiva( ximnasia, natación, baloncesto..) e programa de ocio e natureza.

 

CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

O obxectivo principal é o de proporcionar as persoas traballadoras con discapacidade a realización dun traballo productivo e remunerado, adecuado ás características persoais e que facilita a integración laboral no mercado ordinario de traballo. Así mesmo presta os servicios de axuste persoal e social que requiren as persoas con discapacidade.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

Son servicios que pretenden dar unha maior cobertura as persoas usuarias dos Centros Integro. Tamén poñemos á disposición da poboación en xeral estes servicios, pretendendo achegar os nosos recursos a todas aquelas persoas que os precisen.

 

 

 

INFOASE

Servicio de información e asesoramento sobre as seguintes cuestións destinado á poboación en xeral.
    Información e asesoramento sobre recursos (prestacións, centros, servizos....)
    Información e asesoramento en axudas técnicas.
    Información sobre o Certificado de minusvalía (Qué é, para que sirve, onde solicitalo, trámites a realizar) e a lei de dependencia.
    Información e orientación nos trámites a realizar.
    Información sobre lexislación.
    Información e orientación sobre emprego, formación, recursos na comunidade
    Información sobre os servizos que ofrece a Asociación Integro

 

TRANSPORTE ADAPTADO

Servizo destinado as persoas usuarias do Centro de Día e Ocupacional así como a aquelas persoas que presenten unha discapacidade física, psíquica , sensorial ou social que lle impida utilizar outros medios de transporte públicos ordinarios, tanto en demandas colectivas como os casos individuais. O servicio transporta a persoas a persoas con problemas de movilidade , e especialmente está diseñado para o traslado de persoas usuarias de cadeira de rodas.

 

 

 

 

 

LOGOPEDIA

Servizo que no que se prevén, se avalía e se tratan os trastornos da comunicación humana manifestados a través de patoloxías e alteracións na voz, na fala e na linguaxe (oral, escrita e xestual) na audición e en funcións orofaciais.

FISIOTERAPIA

É unha disciplina da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para paliar síntomas de múltiples doenzas, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico, calor, frío, luz, auga e técnica manuais . Tamén utiliza técnicas de psicomotricidade para mellorar o movemento. Así memos a fisioterapia ofrece un servizo de prevención e promoción da saúde ( mantemento físico, ergonomía, escola de espalda, beneficios do exercicio físico en cada etapa da vida…)

 

 

 

 

 

 

 

ALFABETIZACIÓN TICS

A alfabetización dixital é un factor positivo para a mellora da inclusión social e que ten como obxectivo ensinar e evaluar os conceptos e habilidades básicos da informática para que as persoas poidan utilizar a tecnoloxía informática na vida cotiá e desenrolar novas oportunidades sociais e económicas para elas mesmas, as súas familias e comunidades. Desenrólanse diferentes talleres adaptados ás demandas das persoas usuarias: iniciación á informática, acceso ás redes sociais, adaptacións informáticas…

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

Nesta área trabállase a valoración de necesidades de intervención e de sintomatoloxía asociada, intervención en comunicación e expresión emocional, apoio e atención psicolóxica a coidadoras, apoio na mediación familiar: pautas educativas, resolución de conflitos, etc.





O noso enderezo é:

Enderezo: Lugar a Pedra, nº 30 - Nantón

CP: 15149

Localidade: Cabana de Bergantiños

Provincia: A Coruña

Teléfonos: 981734985 – 650961649

E-mail: info@integro.es 

Web: http://www.integro.es/es/

Youtube: https://www.youtube.com/user/INTEGROTV 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

      

Non se atoparon resultados!