A Xanela. Asociación de Discapacitados Activos de As Pontes

A Xanela. Asociación de Discapacitados Activos de As Pontes

  • Dirección: Rúa A Xanela s/n
  • Código Postal: 15320
  • Localidade: As Pontes
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: axanela@cogami.gal
  • Teléfono: 981452416
  • Teléfono móbil: 607230249
  • Fax: 981452416

A XANELA

ORIXE

A Xanela, asociación de discapacitados activos de As Pontes, membro de Cogami, nace no ano 2000, para coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con diversidade funcional, co fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e a súa integración na sociedade. A súa misión e mellorar a calidade de vida e fomentar a integración social das persoas con diversidade funcional e as súas familias, a través de actividades terapéuticas, de lecer e tempo libre.

OBXECTIVO

O obxectivo xeral é colaborar no mantemento das persoas con discapacidade na comunidade, durante o maior tempo posible e en adecuadas condicións de saúde.

Como obxectivos específicos, pretendemos:

  • Manter o máximo nivel de autonomía posible nas actividades da vida diaria básicas e instrumentais da persoa con discapacidade.
  • Manter e potenciar ás capacidades existentes.
  • Recuperar na medida do posible as capacidades perdidas.
  • Mellorar a autoestima.
  • Asesorar os familiares e/ou coidadores das persoas con discapacidade.
  • Promover a saúde e o benestar.
  • Etc.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

Situada no municipio de As Pontes, conta con 233 socios e 40 usuarios. Diríxese a persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial do concello e poboacións limítrofes así a como aos seus familiares e contorna social.


A NOSA HISTORIA

O 26 de abril de 1989 A Xanela da os seus primeiro pasos. Créase coa finalidade de axudar á integración das persoas con discapacidade que vivian no concello. A idea inicial era a creación de servizos e programas de inclusión social dirxidos a rapaces novos e adultos. A organizacion deixa de ter actividade a finais da década dos 90 pero anos máis tarde, no 2000, grazas as inquedanzas de persoas con diversidade funcional comenza unha nova andaina para a asocación.

Aproveitase o nome e os estatudos da extinta asociación, organizanse reunións con aquela directiva, tan implicada co proxecto anterior e créase unha xunta xestora e arrinca de novo a actividade, agora co nome de A Xanela – Asociación de Discapacitados Activos.

A primeiros de novembro de 2000 comezan as actividades e vaise avanzando paseniño grazas a colaboración do Concello de As Pontes e de diferentes empresas locais. O ano 2003 marca o inicio dunha nova etapa para a asociación coa creación  da empresa A Xanela Carpintería, S. L., coa finalidade de fabricar palets, baixo o compromiso de venda asegurada a diversas empresas colaboradoras, Talleres Franco, Einsa, Cerámicas Verea, etc. Logo dun comezo moi ilusionante, e dun tempo en marcha con catro empregados procedeuse á súa liquidación debido a diversos problemas productivos e financieros. 

Tras dezasete anos de traballo, tanto a Directiva como o equipo humano de A Xanela continuan con moita ilusión e con ganas de mellorar, sempre co fin de desenvolver novos servizos e actividades para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional que se achegan a nosa asociación.

MISIÓN

 

A Xanela informa, asesora, ofrece apoio e consello profesional ás  persoas con diversidade funcional e a súa familia nas diferentes etapas e situacións da súa vida cotiá: na aparición da enfermidades, problemas de saúde, discapacidade... Ademais ofrece orientanción sobre os recursos e apoios máis axeitados, adaptados a situación e a realidade de cada usuario. A Xanela presta un conxunto de atencións para favorecer o mantemento das persoas con diversidade funcional na comunidade, durante o maior tempo posible e en adecuadas condicións de saúde. 

 

O noso ámbito de actuación é o da Comarca do Eume, composta polos Concellos da Capela , Cabanas, Pontedeume, Monfero e As Pontes de García Rodríguez.

- Ofrecemos, ao conxunto da sociedade destes concellos, un servizo de mantemento das persoas con diversidade funcional na comunidade, durante o maior tempo posible e en adecuadas condicións de saúde.

- Axudamos a diminuír  a carga de traballo e responsabilidade sobre as tarefas de control da contorna, dos familiares e/ou coidadores principais, mellorando a súa calidade de vida e relación coa persoa con diversidade funcional.

- Fomentamos as capacidades das persoas con diversidade funcional en todas aquelas actividades significativas da súa vida diaria, que por diversas causas foron interrompidas.

- Proporcionamos apoio psicolóxico, social e sanitario ás persoas beneficiarias e as suas familias.

- Promocionamos o voluntariado social.

Rúa A Xanela s/n 

As Pontes. (A Coruña)

C.P: 15.320

Teléfono: 981452416

E-Mail: axanela@cogami.gal

Presidente: Carlos Castro Fresco

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 

 

 

 

A Xanela conmemora o Día Internacional da Discapacidade

A Xanela conmemora o Día Internacional da Discapacidade

Espectáculo de danza acrobática inclusiva

A Xanela organiza a I Carreira Andaina Solidaria As Pontes Contigo

A Xanela organiza a I Carreira Andaina Solidaria As Pontes Contigo

A Xanela presenta a I Carreira - Andaina Solidaria As Pontes Contigo a fin de concienciar sobre a importancia de abordar o coidado dende unha perspectiva comunitaria.

Campus Xanela, envellecemento e dependencia

Campus Xanela, envellecemento e dependencia

A asociación Acadar achégase á Xanela para facer un faladoiro sobre envellecemento e sexualidade

A XANELA organiza programa de respiro familiar

A XANELA organiza programa de respiro familiar

Este programa desenvolverase de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas coa finalidade de conciliar a vida familiar.

A XANELA insta a acabar con la situación de doble discriminación que sufren las mujeres con con discapacidad

A XANELA insta a acabar con la situación de doble discriminación que sufren las mujeres con con discapacidad

A Xanela, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, reclama políticas axeitadas que poñan fin á dobre discriminación á que se enfrontan as mulleres con discapacidade.

 A XANELA asina un convenio de colaboración coa Fundación Siel Bleu España

A XANELA asina un convenio de colaboración coa Fundación Siel Bleu España

Frear o deterioro do envellecemento e mellorar ás capacidades físicas son os obxectivos prioritarios deste acordo de colaboración que busca unir esforzos entre os programas de estimulación cognitiva e os programas de envellecemento activo.

A Xanela participa na iniciativa "As Pontes en Pezas"

A Xanela participa na iniciativa "As Pontes en Pezas"

A Xanela súmase a iniciativa "As Pontes en Pezas", posta en marcha polo concello pontés, para recuperar e revalorizar espazos públicos con intervencións artísticas que inclúen pintura, ganchillo e fotografía

A Xanela. Taller de Memoria
  • Lecer
  • 06 de octubre de 2017

A Xanela. Taller de Memoria

O obxectivo deste taller é axudar aos participantes para mellorar a súa calidade de vida a través dun conxunto de técnicas encamiñadas a mellorar a capacidade de retención e evitar a ansiedade que provocan os déficits de memoria.

A Xanela. Obradoiro de Miyuki
  • Lecer
  • 04 de octubre de 2017

A Xanela. Obradoiro de Miyuki

Neste taller os participantes aprenderán os conceptos básicos do Miyuki, técnica xaponesa para elaborar bixutería na que todos os abelorios van cosidos.

A Xanela. Curso de Pilates
  • Lecer
  • 04 de octubre de 2017

A Xanela. Curso de Pilates

A través deste curso, os asistentes iniciaranse o a práctica deste adestramento físico e mental, orientado á procura do control e equilibrio corporal

A Xanela. Taller de Bolillos
  • Lecer
  • 02 de octubre de 2017

A Xanela. Taller de Bolillos

Os participantes deste taller, da man dunha monitora especializada, aprenderán esta técnica tradicional para elaborar encaixes. Curso adaptado para todos os niveis no que se aprenderán as técnicas de comezo, remate e tipos de encaixe.

Comezo de curso

Comezo de curso

A Xanela comeza o vindeiro 2 de Outubro un novo curso, e dentro do seu servicio de Terapia Ocupacional ofertará plans individualizados, adaptados ás necesidades de cada usuario encamiñados a potenciar a autonomia e autoestima das persoas beneficiarias.

A Xanela organiza xuntanza con familias

A Xanela organiza xuntanza con familias

Xuntaranse persoas usuarias e familias de toda a comarca.