Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

  • Dirección: Rúa Dublín, nº 3 Baixos
  • Código Postal: 15707
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@acadar.org
  • Teléfono: 674073092
  • Teléfono móbil: 674139837
  • Páxina Web: www.acadar.org

ORIXE:

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, foi constituída o 1 de setembro de 2009 no Concello de Santiago de Compostela, por 20 mulleres con discapacidade. Conscientes de que as necesidades específicas das nenas e mulleres con discapacidade non estaban cubertas nin tidas en conta por parte da sociedade actual, puxeron a disposición das mesmas, a ferramenta máis axeitada para promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade: a Asociación. 

MISIÓN:

Promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena inclusión e participación en todos os ámbitos da sociedade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Toda a Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de ofertar servizos, dirixir actividades e reivindicar dereitos para todas as mulleres e nenas con discapacidade independentemente do lugar onde residan.

PERSOAS ASOCIADAS:

Actualmente, ACADAR conta con 135 persoas asociadas das cales 116 son socias de dereito e 19 son persoas socias colaboradoras.

FORMAMOS PARTE DE:

ACADAR forma parte en condición de membro da Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade (CEMUDIS) e do Consello Galego das Mulleres, desenvolvendo a Vicepresidencia Segunda. Tamén forma parte da Federación provincial de A Coruña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI CORUÑA), da Federación de Asociacións de COGAMI Lugo, Federación de COGAMI Pontevedra, Federación DISCAFIS-COGAMI Ourense  e da Asociación de desenvolvemento Galicia Suroeste EURURAL.

Declarada de Utilidade Pública na Orde do 5 de febreiro de 2020 (DOGA nº 32 do 17 de febreiro de 2020).

As actuacións de ACADAR, están a incidir nos seguintes ámbitos:

- EMPREGO: Polo dereito de acceso ao mundo laboral, á igualdade de oportunidades e á non discriminación por motivos de xénero e/ou discapacidade.

- VIOLENCIA DE XÉNERO: Polo dereito das mulleres con discapacidade a vivir en liberdade e con seguridade e a ser tratadas de maneira digna.

- SAÚDE: Polo dereito das mulleres con discapacidade a unha saúde pública integral e de calidade.

- MATERNIDADE: Para facer efectivo e real o dereito das mulleres con discapacidade de Galicia a tomar decisións vencelladas á maternidade e a crianza.

- SEXUALIDADE: Polo dereito das mulleres e nenas con discapacidade a vivir a súa sexualidade dunha maneira plena, íntegra e libre.

- VIDA INDEPENDENTE: Polo dereito das mulleres con discapacidade galegas a dirixir as rendas da súa vida.

- IMAXE SOCIAL E MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Polo dereito das mulleres con discapacidade galegas a participar en igualdade de condicións na vida política e social, así como a acceder a postos de traballo de responsabilidade e representatividade.

 

ACADAR conta co servizo DEDALEIRA, en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), que presta atención sexolóxica ás persoas con discapacidade, ao seu entorno afectivo (familiares, parella, amizades...) e a persoas do seu entorno social ou institucional. O servizo inclúe asesoramento individualizado, accións de formación grupal e acompañamento e atención a persoas que viviron ou están a vivir situacións de abuso.

Atendémoste na Rúa Modesto Brocos, nº 7, bloque 3, baixos. 15704 Santiago de Compostela

ACADAR conta con delegacións en Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol. 

Lugo Ourense Vigo Ferrol

R/ Da Luz, 4 - Polígono de Fingoi. C/P. 27002

R/ Recaredo Paz, nº  1   C/P 32005

R/ Teixugueiras, 15, baixo. Navia C/P 36212 R/ Sánchez Calviño, 56-58. C/P 15404

 

Web: www.acadar.org

Web servizo Dedaleira: www.dedaleira.gal

Correo electrónico: info@acadar.org

Síguenos nas nosas redes sociais para saber todo o que facemos!

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 Ademáis de realizar accións directas con mulleres con discapacidade e formacións específicas sobre xénero, discapacidade e violencia de xénero, ACADAR conta cunha serie de recursos gratuitos, entre eles atopamos material de elaboración propia que permite coñecer, detectar e abordar os diferentes tipos de violencia contras as mulleres con discapacidade: as guías  Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais (ACADAR, 2015) e Violencia sexual cara as nenas e mulleres con discapacidade (ACADAR, 2018). Por outra banda tamén están dispoñibles os correctores de estilo Ventana Inclusiva e Xanela Inclusiva que detectan o emprego de linguaxe sexista e discriminatoria reformulando e ofrecendo termos non sexistas e inclusivos en lingua castelá e galega, respectivamente.

                                 

 

  

Non se atoparon resultados!