Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense

Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense

  • Dirección: Rúa Recaredo Paz, 1
  • Código Postal: 32005
  • Localidade: Ourense
  • Provincia: Ourense
  • Correo electrónico: accuourense@gmail.com
  • Teléfono: 988 100 180
  • Teléfono móbil: 630 136 447
  • Fax: 988 248 769
  • Páxina Web: www.accuourense.org

ORIXE

ACCU Ourense constitúese no ano 2005 co fin de apoiar, asesorar e orientar ás persoas con Crohn ,Colite Ulcerosa y ostomizadas con EII e as súas familias e sensibilizar a toda a comunidade sobre as situacións médicas, sociais e económicas que poden xurdir derivadas destas patoloxías.

Actualmente, ACCU Ourense é unha entidade á que a Xunta de Galicia outorgou os seguintes recoñecementos:

Declaración de Utilidade Pública

Recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais

Resolución de entidade prestadora de servizos á xuventude

Rexistro como entidade de acción voluntaria de Galicia

   

PERSOAS ASOCIADAS

En relación coa distribución por sexos das persoas socias e as súas familias, pódese dicir que das 130 persoas que compoñen este grupo o 52,31% son mulleres e o 47,69% son homes, polo que se conclúe que o número de persoas incluídas en cada variable son practicamente equiparables. Ademais, unha vez realizado o análise dos datos obtidos observouse que o 59,37% das persoas socias que están afectadas son mulleres e o 40,63% son homes e, así, amósase que son mais as mulleres que optan polo asociacionismo que os homes ó ter en conta que o grao de incidencia da enfermidade de Crohn e colite ulcerosa é semellante nos dous sexos.

 

                                                                   

 

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

A asociación desenvolve os seus programas na provincia de Ourense.

 

FORMAMOS PARTE DE:

ACCU Ourense posúe unha natureza colaborativa e implementa todos os programas en coordinación con entidades sociosanitarias da nosa comunidade.

Por iso, ACCU Ourense é membro de:

   COGAMI - Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

   FEGACCU - Federación Galega de Asociacións de Crohn e Colite Ulcerosa

   Consello Asesor do Paciente do SERGAS - Servizo Galego de Saúde

 

PATROCINADORES E COLABORADORES

 

 

                      

                                                                          

                                                                                  

 

                                                                                                    

 

ACCU Ourense é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública que implementa el Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con Crohn e colite ulcerosa da provincia de Ourense. Este servizo execútase grazas á subvención procedente do 0,7% del IRPF da Xunta de Galicia xestionada por COGAMI para que as súas entidades membro poidan financiar os seus proxectos prioritarios, ao tempo que proporciona asesoramento e realiza o seguimento durante a elaboración, execución e xustificación dos mesmos. En este caso, o proxecto enmárcase no Programa de Atención social, asesoramento e intervención especializada I.

 

Asi mesmo, este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.

                                    

 

ACCU Ourense conta con profesionais do traballo social, ciencias da saúde, psicoloxía, abogacía, fisioterapia, administración e terapia ocupacional co fin de desenvolver as seguintes actuacións:

  • Intervención e asesoramento, aseos adaptados para persoas ostomizadas, tarxeta aparcadoiro, atención domiciliaria e hospitalaria, atención á autonomía e apoio persoal.
  • Inserción sociolaboral, divulgación e publicitación das actuacións, implementación do plan de voluntariado, explotación estatística dos datos, acompañamento e seguimento.
  • Orientación, mediación familiar, atención psicolóxica, servizo fisioterapéutico, asesoramento xurídico, captación de recursos, coordinación con entidades sociosanitarias.
  • Sensibilización, concienciación e visibilización das enfermidades inflamatorias intestinais, xornadas médicas, xuntanzas informativas, participación en consellos, comisión, federacións e confederacións.
  • Sostenibilidade ambiental, transversalidade da igualdade real entre mulleres e homes, avaliación inicial, continua e final.

 

                                              

As actividades que se implementan dende ACCU Ourense son as seguintes:

  • Información, orientación e asesoramento

                     Información a persoas usuarias dos recursos que dispón a través da entidade, federación, administracións públicas e entidades sociosanitarias coas que a asociación colabora

  • Tarxeta aparcadoiro

                     Taxjeta de estacionamiento para personas con Crohn y colitis ulcerosa de Ourense para poder estacionar el vehículo ante la urgencia de acudir a un cuarto de baño

  • Aseos adaptados para persoas ostomizadas

                      Equipos adaptados para o coidado e baleirado da bolsa de ostomía en condicións de seguridade, dignidade e hixiene

  • Acceso ACCU

                      Proxecto de acceso a Crohn e colite ulcerosa para lograr a accesibilidade libre e gratuita a baños de edificios públicos e establecementos privados de Ourense

  • Atención á autonomía persoal

                      Apoio nos aspectos cognitivos, emocionais e conductais das persoas e as súas familias

  • Valoración social individualizada

                      Atención integral da persoa realizando valoracións individualizadas co fin de incidir na calidade e condicións de vida das persoas afectadas

  • Concienciación, sensibilización e divulgación

                      Divulgación e concienciación sobre as enfermidades inflamatorias intestinales dado o descoñecemento que existe na nosa comunidade con respecto a estas patoloxías e as necesidades que presentan as persoas afectadas

  • Coordinación e federación con entidades sociosanitarias

                      Conseguir contacto directo con axentes da área social e de saúde

                         

       

                                                          

 

 

 

                          

                                                  

 

              

       

           

       

Rúa Recaredo Paz, 1

CP: 32005

Localidade: Ourense

Provincia: Ourense

Teléfonos: 988 100 180 / 630 136 447

E-mail: ourense@accuesp.com

Web: https://www.accuesp.com

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 

   

ACCU Ourense recibe o Premio Referente 2023

ACCU Ourense recibe o Premio Referente 2023

Fernando Jiménez, presidente de ACCU Ourense, recibe o Premio Referente 2023 na categoría de asociación de pacientes concedido pola entidade nacional Anasbabi ciliopatías.

ACCU Ourense sensibiliza e visibiliza as enfermidades inflamatorias intestinais

ACCU Ourense sensibiliza e visibiliza as enfermidades inflamatorias intestinais

Sesión informativa sobre enfermidade inflamatoria intestinal no Instituto de Ensinanza Secundaria San Mamede en Maceda.

AACU Ourense participa en Expourense no XX Congreso Estatal de Voluntariado

AACU Ourense participa en Expourense no XX Congreso Estatal de Voluntariado

Os días 28 e 29 de novembro de 2018 ACCU Ourense estará presente no recinto feiral de Expourense para a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado.

ACCU Ourense participa na xuntanza de representantes estatal

ACCU Ourense participa na xuntanza de representantes estatal

Esta actuación está enmarcada dentro do Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con Ell e familias financiado por la Xunta de Galicia con cargo ao 0,7% da declaración da renda.

ACCU Ourense participa en SPORTUR Galicia

ACCU Ourense participa en SPORTUR Galicia

Os vindeiros días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 ACCU Ourense espéravos no recinto feiral de Expourense con motivo da celebración de SPORTUR Galicia, o II Salón do Deporte e Turismo Activo.