ORIXE:
En outubro do ano 2003 constitúese na vila de Ponteareas unha asociación denominada ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DAS COMARCAS DO CONDADO E PARADANTA (ADAPTA)
ADAPTA é unha asociación sen ánimo de lucro e a súa misión é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Adapta ten como visión unha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ó grupo social de persoas con discapacidade.
ADAPTA tamén contempla a colaboración, orientación e coordinación con outras asociacións, entidades ou organismos oficiais. Ademais inicialmente terá entre moitas accións a de colaborar, expoñer ou denunciar todos os lugares inaccesibles ou con adaptacións parciais para a eliminación de barreiras arquitectónicas, integración e plans integrais de accesibilidade.
MISIÓN
ADAPTA ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
OBXECTIVO:
O principal obxectivo de ADAPTA é acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co mais absoluto respecto á súa dignidade e diversidade.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
O seu ámbito de actuación comprende os territorios de Ponteareas, Salvaterra do Miño, As Neves, Mondariz, A Paradanta, A Cañiza, Arbo, Crecente e O Covelo.
O noso enderezo é:
Dirección: Barrio de Canedo s/n (Centro Asprodico ,baixo), barrio de Canedo
Código Postal: 36860
Localidade: Ponteareas
Provincia: Pontevedra
Correo electrónico: crd.ponteareas@cogami.gal
Teléfono: 986 916012
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Organizado a través do programa Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra, este obradoiro está dirixido a persoas maiores de 50 anos.
Actividade de formación en primeiros auxilios
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Adapta organiza unha xornada sobre discapacidade.
Adapta inicia un curso de informática ao abeiro do programa "Depo en Marcha" da Deputación de Pontevedra
Adapta organiza unha excursión a Baiona dentro do programa da Deputación de Pontevedra "En Ruta coa Depo"
Curso de Iniciación á Informática