Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña

Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña

  • Dirección: Hotel de pacientes do CHUAC, As Xubias 84 - 4º andar
  • Código Postal: 15006
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@alcercoruna.org
  • Teléfono: 981.29.87.59
  • Teléfono móbil: 670.33.90.66
  • Páxina Web: www.alcercoruna.org

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no ano 1976, co obxectivo ter acceso a tratamentos renais substitutivos, xa que nese ano 9 de cada 10 persoas morrían por non ter acceso a un tratamento de diálise. Na actualidade esta realidade ten mudado grazas ao esforzo daqueles e daquelas que comezaron esta andaina, pero seguimos na loita. En Alcer ofrecemos unha serie de servizos ás persoas con enfermidade renal e as súas familias, dando resposta ás demandas e necesidades que teñen as persoas que padecen algún tipo de patoloxía crónica.

Desenvolvemos unha serie de actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, conseguindo deste xeito, ata día de hoxe, case 30.000 carnés de donantes.Alcer está formado por un grupo de profesionais, persoas colaboradoras e voluntarias que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuir á consecución dos obxectivos da asociación.

MISIÓN:

A súa misión principal é mellorar a calidade de vida das persoas con Enfermidade Renal Crónica. Contribuír á axuda social, moral e laboral das persoas (e dos familiares) afectadas de enfermidades do ril e /ou outros padecementos susceptíbeis (ou non) de transplante de órganos sólidos e/ou tecidos.

OBXECTIVOS:

  • A asistencia e información ós enfermos/as de ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asitencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos específicamente á atención da muller, xuventude, maiores ou calquera outro tipo de colectivo en risco de exclusión social.
  • Promover e poñer en marcha iniciativas culturais,e ducativas orientadas ás persoas con enfermidades renais ou con discapacidade que faciliten a participación do colectivo.
    ..

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

 Provincia da Coruña

PERSOAS ASOCIADAS:

383 (218 homes e 165 mulleres).

FORMAMOS PARTE DE

FAG (Federación Alcer Galicia) e FNA (Federación Nacional Alcer).

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN (SIO)

É o piar da entidade, xa que a través del e dos profesionais e equipo de voluntariado especializado, se proporciona información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando en cada caso intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións cara a outros servizos da entidade ou orientación cara recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada. O servizo centra a súa actuación en catro partes diferenciadas e interrelacionadas entre si, que fan que se atope en pleno proceso de desenvolvemento:

  1.  Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal Crónica e ós seus familiares, nas tres delagacións da entidade (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)
  2.  Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal en Unidades de Hemodiálise, consultas de transplante e de diálise peritoneal, así como en plantas de hospitalización de Nefroloxía dos diferentes centros hospitalarios da provincia.
  3. Consulta social na unidade de Enfermidade Renal Crónica Avanzada de Santiago de Compostela dende o ano 2016, que atende a aquelas persoas que se atopan en fases 4 ou 5 da Enfermidade Renal Crónica

PROGRAMA ALCER 7 VIDAS

Alcer 7 Vidas consiste na programación de actividades de sensibilización en relación á doazón e transplante de órganos, baseándose sobre todo na importancia da participación dos nosos socios/as, usuarios/as e voluntarios/as. Grazas a todas estas actividades, Alcer Coruña conta a día de hoxe con case 30.000 carnés de donantes de órganos, o que demostra a progresiva transformación da sociedade con respecto á doazón de órganos. Entre as actividades que levamos a cabo de xeito habitual, podemos destacar as seguintes: mesas informativas en espazos públicos, Proxecto Salvavidas (charlas e obradoiros en centros educativos), formación de grupo de voluntariado, organización de eventos e campañas en prol da doazón de órganos.

PROGRAMA ACTÍVATE CON ALCER

Actívate con Alcer é un programa de Terapia Ocupacional destinado a mellorar a independencia das persoas nas actividades do seu día a día, co fin de permitir a súa participación activa en todas elas.

Obxectivos:

  • Asesorar individualmente (a usuarios e familias) en materia de produtos de apoio como ferramentas para a mellora da independencia nas actividades da vida diaria
  • Executar o reentrenamento funcional individual no aseo, vestido, alimentación, coidado da imaxe persoal, etc. das persoas con enfermidade renal crónica que presenten dificultades nestas áreas.
  • Mellorar a independencia nas actividades instrumentais da vida diaria: toma de medicación, manexo do diñeiro, coidado do fogar, uso do teléfono móbil, uso de dispositivos aumentativos-alternativos (para persoas con dificultades para a comunicación), uso de medios de transporte, realización de compras, etc.
  • Asesorar en accesibilidade universal nos fogares.
    Realizar rehabilitación funcional en patoloxías concretas que producen limitacións na execución física de actividades como Accidente Cerebrovascular ou a Enfermidade de Parkinson.
    Asesorar en hixiene postural e/u ergonomía para coidadores/as.
  • Executar actividades significativas para as persoas e con carácter funcional nas unidades de hemodiálise
  • Mellorar o acceso ao emprego: elaboración de currículums vitae, uso das novas tecnoloxías para a busca de emprego, contacto con entidades da contorna da persoa
    Fomentar a execución de actividades de ocio e participación social.
  • Participar na atención inter e multidisciplinar mediante a colaboración continuada cos demáis servizos de Alcer Coruña e/ou outros servizos externos.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

Alcer Coruña tamén fomenta a participación de persoas voluntarias para realizar actividades de:

  1. Sensibilización sobre a doazón e transplante de órganos. Deste xeito, pretendemos promover nas persoas unha reflexión e posición individual como donantes de órganos, ademáis de lograr a normalización da doazón como un xesto natural e humano.
  2. Formación para obter as competencias necesarias e desenvolver as actividades de voluntariado especializado en promocionar a doazón e o transplante de órganos tanto para os nosos profesionais, como para persoas alleas que teñan interese en adicar unha parte do seu tempo nunha acción solidaria.

En ALCER CORUÑA contamos con tres delegacións ao longo de toda a provincia:

A CORUÑA

Hotel de Pacientes do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) As Xubias, nº 84, 4º andar - 15006 (A Coruña) 981.29.87.59      

FERROL

R/ Velázquez, nº 44, 6º andar - 
15404 Ferrol - 881.93.72.35     

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CABES r/ Manuel María, nº 6, 3º andar- 15705 (Salgueiriños) Santiago de Compostela - 670339066   

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Participación de Alcer Coruña na carreira ENKI 2024

Participación de Alcer Coruña na carreira ENKI 2024

Carrera adaptada a persoas con todo tipo de discapacidades.

Alcer Coruña imparte obradoiro de formación para a mellora da adherencia á medicación

Alcer Coruña imparte obradoiro de formación para a mellora da adherencia á medicación

Impartido polo farmacéutico Javier Chantada, que abordará estratexias para mellorar a toma de medicación

Alcer Coruña organiza obradoiro de manexo útil de dispositivos móbiles en Ferrol

Alcer Coruña organiza obradoiro de manexo útil de dispositivos móbiles en Ferrol

O obxectivo da formación é aprender as utilidades de la Chave 365, la App E-Saúde, Clave PIN, Xunta Eu...

Alcer Coruña organiza curso para mellorar a independencia na vida diaria en Santiago de Compostela

Alcer Coruña organiza curso para mellorar a independencia na vida diaria en Santiago de Compostela

Aprender estratexias para mellorar a funcionalidade na realización das actividades cotiás.

Alcer Coruña organiza curso para mejorar a independencia na vida diaria en Narón

Alcer Coruña organiza curso para mejorar a independencia na vida diaria en Narón

Aprender estratexias para mellorar a funcionalidade na realización das actividades cotiás.

Alcer Coruña organiza curso para mejorar a independencia na vida diaria

Alcer Coruña organiza curso para mejorar a independencia na vida diaria

Aprender estratexias para mellorar a funcionalidade na realización das actividades cotiás.

Actos programados por Alcer Coruña polo Día Mundial do Ril

Actos programados por Alcer Coruña polo Día Mundial do Ril

Alcer Coruña fomentará a importancia da saúde renal desenvolvendo diferentes actividades repartidas ao longo da provincia

Cociña de aproveitamento na enfermidade renal crónica

Cociña de aproveitamento na enfermidade renal crónica

Alcer Coruña organiza un taller de nutrición para persoas en tratamento diálise e familiares na Coruña. Necesaria inscrición previa, prazas limitadas!

Cociña de aproveitamento na enfermidade renal crónica

Cociña de aproveitamento na enfermidade renal crónica

Alcer COruña organiza un obradoiro de nutrición para persoas en tratamento de diálise e familiares en Ferrol . Necesaria inscrición previa, prazas limitadas!

ALCER Coruña organiza en Ferrol obradoiro sobre diálise e adaptación ás actividades da vida diaria

ALCER Coruña organiza en Ferrol obradoiro sobre diálise e adaptación ás actividades da vida diaria

O taller terá unha duración de 4 horas e nel as persoas participantes aprenderán e coñecerán as utilidades dos produtos de apoio nas súas actividades da vida diaria; así como hixiene postural e ergonomía das persoas coidadoras.

Alcer Coruña organiza obradoiro sobre exercicio físico en persoas con enfermidade renal crónica

Alcer Coruña organiza obradoiro sobre exercicio físico en persoas con enfermidade renal crónica

o vindeiro venres 21 de outubro Alcer Coruña levará a cabo un obradoiro dirixido á persoas con ERC sobre o exercicio físico. O lugar de realización é na Clínica Assistens e é necesaria inscrición previa.

ALCER Coruña organiza en Culleredo obradoiro sobre diálise e adaptación ás actividades da vida diaria

ALCER Coruña organiza en Culleredo obradoiro sobre diálise e adaptación ás actividades da vida diaria

O taller terá unha duración de 4 horas e nel as persoas participantes aprenderán e coñecerán as utilidades dos produtos de apoio nas súas actividades da vida diaria; así como hixiene postural e ergonomía das persoas coidadoras.

ALCER Coruña organiza en Compostela obradoiro sobre diálise e adaptación ás actividades da vida diaria

Alcer Coruña organiza obradoiros de nutrición para persoas en tratamento de diálise

Alcer Coruña organiza obradoiros de nutrición para persoas en tratamento de diálise

Os obradoiros de nutrición para persoas en tratamento de diálise terán unha duración de 4horas e neles traballanranse as pautas de nutrición adaptadas ao colectivo. Para participar é necesaria inscrición previa.

ALCER Galicia organiza o obradoiro A diálise e a adaptación ás actividades da vida diaria

ALCER Galicia organiza o obradoiro A diálise e a adaptación ás actividades da vida diaria

Obradoiro para persoas con enfermidade renal e as súas familias no cal daranse pautas sobre como adaptar as actividades da vida diaria á diálise

Novas sesións das Tardes con Alcer

Novas sesións das Tardes con Alcer

O luns 8, martes 9 e mércores 16 levaranse a cabo novas sesións das Tardes con Alcer en Santiago, A Coruña e Ferrol, respectivamente, de maneira presencial. Anímate a participar para compartir as túas vivencias e inquietudes!

Alcer Coruña  organiza I Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal

Alcer Coruña organiza I Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal

Anímate a participar nas primeiras xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Alcer Coruña este sábado 23 de outubro.

Volven as Tardes con Alcer

Volven as Tardes con Alcer

O xoves 30 de setembro Alcer Coruña levará a cabo tres sesións das Tardes con Alcer, A Coruña e Ferrol de manera presencial e na cidade de Santiago de maneira telemática. Anímate a participar e comparte as túas vivencias!

ALCER Coruña realiza un obradoiro sobre exercicio físico dirixido a persoas con enfermidade renal

ALCER Coruña realiza un obradoiro sobre exercicio físico dirixido a persoas con enfermidade renal

O vindeiro xoves 23 de setembro ás 16 horas, Alcer Coruña levará a cabo un obradoiro sobre o exercicio físico en persoas en enfermidade renal. Contacta con nós no teléfono 604 051 293 e inscríbete!

ALCER Coruña imparte un curso de mediación e resolución de conflitos

ALCER Coruña imparte un curso de mediación e resolución de conflitos

O día 24 de setembro e 1 de outubro Iván Blanco, traballador social e mediador colexiado, impartirá un curso sobre mediación e resolución de conflitos. Este curso diríxese ás e os profesionais das entidades do 3º sector. Inscríbete!

A favor de ALCER a XXXV Copa Galicia ACB
  • Lecer
  • 28 de agosto de 2021

A favor de ALCER a XXXV Copa Galicia ACB

O Concello de Ferrol, CB Irmandiños e Alcer Coruña organizan esta copa cunha importante motivación solidaria.

Alcer Coruña prepara obradoiro on line sobre Automedicación e enfermidade renal

Alcer Coruña prepara obradoiro on line sobre Automedicación e enfermidade renal

Javier Chantada, farmacéutico membro da SEFAC, falaranos sobre a automedicación e a enfermidade renal para rematar a semana na que se conmemora o Día Mundial do Ril.

Alcer Coruña danos pautas para evitar o sedentarismo

Alcer Coruña danos pautas para evitar o sedentarismo

Para conmemorar o Día Mundial do Ril, Vanessa Pazos (fisiterapeuta) daranos unha serie de pautas para evitar o sedentarismo e desta maneira coidar a nosa saúde renal.

Alcer Coruña explica a importancia da saúde mental nun obradoiro on line

Alcer Coruña explica a importancia da saúde mental nun obradoiro on line

Obradoiro impartido por David Teijido e Eva Mª Rodríguez, especilistas en Psicoloxía no centro Vitei Psicoloxía (Ferrol), no cal falarán sobre a importancia da saúde mental para conmemorar o Día Mundial do Ril.

Charla sobre o transplante e a mellora na calidade da vida

Charla sobre o transplante e a mellora na calidade da vida

Coloquio online sobre o transplante de órganos, moderado polo presidene de Alcer Coruña e persoas trasplantadas ou que están agardando un trasplante.

Actividades de lecer no mes de novembro para persoas asociadas a Alcer Coruña

Actividades de lecer no mes de novembro para persoas asociadas a Alcer Coruña

Teñen programadas visitas culturais a Courña, Santiago e Ferrol.

Alcer Coruña organiza obradoiro para mellorar a independencia nas actividades da vida diaria

Alcer Coruña organiza obradoiro para mellorar a independencia nas actividades da vida diaria

A terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, impartirá o venres 11 de outubro un taller para indicar pautas que melloren a indpendenza para realizar actividades da vida diaria

Abordaxe da sexualidade na enfermidade renal crónica

Abordaxe da sexualidade na enfermidade renal crónica

O obradoiro será o venres 7 de Maio de 16:00 a 20:00 no Hotel de Pacientes do CHUAC (A Coruña)