ORIXE:
Creada polo interese xeral dun grupo de persoas coñecedoras das necesidades e demandas das persoas con discapacidade veciñas para dar resposta ás mesmas.Dende o ano 2010 reforzamos o obxectivo para incrementar a colaboración cidadá na misión, o nivel de participación pública e a realización de actividades dirixidas a alcanzar o maior grado de autonomía e independencia das persoas.
MISIÓN:
AMICO é unha asociación creada en 1992 co fin de loitar pola defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Santiago e os concellos da comarca e/ou limítrofes, e promover a súa plena inclusión na sociedade.
PRINCIPIOS E VALORES:
OBXECTIVOS
Os fins principais de AMICO son:
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
O ámbito de actuación da entidade abarca ás persoas con discapacidade residente nos concellos de Rois, Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra e Oroso. Tamén acollemos a persoas con discapacidade procedentes doutras localidades (Dodro, Ordes, Porto do Son).
PERSOAS ASOCIADAS:
Actualmente 150 persoas, das cales 82 son mulleres e 68 son homes.
Entre as nosas actividades, realizamos:
Servizo de información e asesoramento.
Accións de voluntariado.
Difusión: Portais de difusión.
Servizo de rehabilitación: Cada ano varían para adecuarse ás finalidades que se pretende alcanzar. Este programa conta habitualmente co apoio económico da Deputación de A Coruña no marco da convocatoria FOAXE-P para mantemento de servizos sociais.
Actividades participativas varias: de tipo deportivo, cultural, de lecer, etc.
Actividades de promoción: A entidade pon en marcha acciones de promoción da igualdade de oportunidades e eliminación de barreiras, principalmente en colaboración con entidades afíns.
Actividades participativas: Representantes da entidade participan en xornadas e eventos de interese.
AMICO
Rúa Modesto Brocos, nº 7 3 baixos, 15704 en Santiago de Compostela.
Teléfono: 663551316 - 981 574698
Tamén podes encontrarnos en:
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
As persoas asociadas coñeceránn e poderán aprobar a xestión realizada pola entidade o ano pasado así como a previsión de actividades prevista para o ano en curso. Ao rematar procederase á elección e renovación da Xunta Directiva.
A hora de comezo será dende ás 17:00 horas , se ben a previsión exacta de inicio será ás 17.30 horas por ser a segunda convocatoria.
Co fin de cubrir e atender a crecente demanda existente dunha parte das persoas asociadas, AMICO asumiu como compromiso procurar unha fórmula para facilitar o acceso á tratamentos especializados de rehabilitación.
AMICO estará presente cunha caseta da Feira da Saúde e Ben-Estar, o domingo 11 de abril a partir das 11:00 horas. Desta forma quere acercar a súa actividade ás persoas con discapacidade da localidade.
O día 6 de abril e durante todos os martes hábiles, volven as actividades grupais incluídas no Servizo de Rehabilitación XI
A asociación AMICO retoma as actividades dirixidas a persoas con patoloxía de Parkinson ata final de ano.
AMICO celebra a Asemblea Xeral Ordinaria o próximo xoves 16 de xullo de 2020
O programa de REHABILITACIÓN X de AMICO deste ano 2020 suxeito a camios por razón da pandemia
A entidade mantén vixente ata final de ano o programa que permite ás persoas con discapacidade da provincia, acceder a sesións individuais especializadas de fisioterapia e terapia ocupacional.
Será o venres, 21 de xuño, ás 17 horas en primeira convcatoria, na rúa Berlín de Santiago.
Actividade incluída no Servizo de Rehabilitación IX presentada á convocatoria de subvención FOAXE-P/2019 da Deputación de A Coruña.
As persoas con discapacidade que participan en AMICO acceden a un prezo mais económico nos tratamentos de rehabilitación.
Grupo de persoas con discapacidade usuarias de cadeira de rodas que realizan actividade física adaptada no marco do SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX que organiza a asociación.
A asociación aposta por incentivar e facilitar o acceso a tratamentos e actividade física entre as persoas con discapacidade
Xornada: "Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica"