ORIXE:
APROM (Asociación Prominusválidos de Cariño) ten o seu orixe no ano 1997, constituíndose como unha asociación con vocación de servizo en pro dos discapacitados tanto físicos como psíquicos e así ocupar un grande baleiro existente en toda esta comarca ata o momento.
MISIÓN
Promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara a súa integración.
OBXECTIVOS
- Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.
- Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
- Crear as condicións para que os socios poidan cumprir axeitadamente a misión.
- Promover actitudes sociais positivas cara ás persoas con discapacidade.
- Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
- Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
- Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás persoas con discapacidade nos ámbitos sociais, educativos ou laborais.
VALORES
APROM basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:
- Democracia interna.
- Solidariedade entre os seus membros.
- Transparencia na xestión e actuación da entidade e os seus socios.
- Defensa das necesidades sociais ante os intereses particulares.
- Desbotar protagonismos e actitudes competitivas.
- A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas e asistencias.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
O seu ámbito de actuación é o das comarcas de Ortegal.
Entre as nosas actividades realizadas, podemos destacar:
- Obradoiros e cursos, como o de bordado ou o obradoiro de risoterapia.
- Viaxes e visitas, como o realizado a Equiocio, Museos rurais,
- Charlas e conferencias para informar persoas usuarias de temas como voluntariado, orientación laboral, familia, etc.
- Festivais, xantares e xuntanzas. como o Magosto.
- Uso da furgoneta por parte de persoas usuarias.
O noso enderezo é:
PZA DEL MERCADO S/N
15360 - CARIÑO - A CORUÑA
Teléfono: 981-420199
Email: apromcarino@hotmail.com
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Non se atoparon resultados!