Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros

Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros

  • Dirección: Avda. República Arxentina, 60
  • Código Postal: 15200
  • Localidade: Noia
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: misela@misela.es
  • Teléfono: 981 972 822
  • Teléfono móbil: .
  • Páxina Web: www.misela.es


ORIXE: O 16 de xuño de 1993, a raíz da unión de pais/nais dos/as nenos/as que acudían ó STAND (Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade), do Concello de Noia, constituíuse a Asociación de Pais do STAND, coa finalidade de dar ó neno con discapacidade o completo benestar físico, psíquico e social.

Ó longo dos anos , a entidade evoluciona cara á atención das persoas con discapacidade, tanto nenos/as como adultos/as, a través de servizos especializados.

No ano 2012, para dar un impulso á labor da entidade e aumentar a súa visibilidade social, a Asociación de Pais do STAND cambia de nome, denominándose a partir dese momento MISELA Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros.

MISIÓN: Promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, na comarca de Noia e concellos limítrofes.

Os obxectivos estatutarios da Asociación son:

  • Promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral.
  • Potenciar a utilización e a busca dos recursos necesarios para unha mellor atención da persoa con discapacidade ou infancia con risco de padecela.
  • Prestar asesoramento e atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias ou titores.
  • Defender os dereitos do neno e da persoa con discapacidade en xeral.
  • Prevención de posibles discapacidades.
  • Fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade.
  • Promover a actividade cultural, a práctica deportiva e a actividade física nas persoas con discapacidade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Comprende as comarcas de Noia e Muros.

PERSOAS ASOCIADAS: Na entidade hai dous tipos de socios:

  • Socios Numerarios: Están compostos por persoas físicas, contando na actualidade con un número de 219 mulleres e 92 homes.
  • Socios Protectores: Están compostos por empresas ou persoas xurídicas. Na actualidade cóntase con un total de 23 asociados.

Os obxectivos da Asociación lévanse a cabo na actualidade a través dos seguintes servizos de atención á persoa con discapacidade, desde a súa infancia ata a idade adulta:

EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá): ofrece servizos a nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos dende os 0 ata os 6 anos, e a nenos con discapacidade recoñecida dende os 6 ata os 16 anos. Está ubicado na rúa Frei Lois Rodríguez, 9 de Noia.

A atención que se presta dende o EDIAT inclúe:

  • Atención individualizada: fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, etc.
  • Programa de Transición á Vida Adulta (PTVA).
  • Terapia no medio acuático.
  • Asesoramento en adaptación funcional do entorno e produtos de apoio.
  • Coordinación e derivación a profesionais de Educación, Sanidade e Servizos Sociais, destacando a coordinación mantida co STAND (Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade), do Concello de Noia, servizo co que se traballa moi estreitamente na atención ós nenos e ás familias.

CENTRO MISELA: servizo de atención diúrna para persoas con discapacidade maiores de 16 anos. Está situado na Avenida República Arxentina número 60 de Noia. Comezou a funcionar o día 1 de setembro de 2015. Inclúe:

  • Centro de Día Misela: O servizo de atención diúrna terapéutica ofrece atención a persoas de entre 16 e 65 anos, con discapacidade e con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia, neste lévanse acabo un conxunto de actuacións encamiñadas a ofrecer unha atención integral durante o período diúrno, que inclúen a asistencia para a realización de actividades básicas da vida diaria, rehabilitación funcional, actividades de participación na comunidade, etc. co obxectivo de mellorar ou manter o nivel de autonomía persoal, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

Neste servizo lévanse a cabo as seguintes actividades e programas:

  • Área de información, valoración, seguimento e orientación:
    • Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.
    • Servizo de información, orientación e formación a familiares.
  • Área de formación básica e instrumental:
    • Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
  • Área de actividades e programas:
    • Actividades de ocio e tempo libre: excursións, talleres temáticos, actuacións, participación en xornadas, actividades deportivas...
  • Área de mantemento e/ou rehabilitación:
    • Fisioterapia.
    • Psicomotricidade.
    • Atención psicolóxica.
  • Área de servizos xerais:
    • Manutención e dietas especiais.
    • Limpeza e mantemento.
    • Xestión e administración.
    • Supervisión e vixilancia.

 

  • Centro Ocupacional Misela: Servizo diúrno dirixido a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio intermitente, e/ou en situación de dependencia, que precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social, terapéutico e ocupacional. A atención céntrase no apoio ó desenvolvemento das ABVD e AIVD, na promoción da súa saúde, no desenvolvemento de actividades no entorno e en programas de formación e preparación prelaboral e ocupacional.Conta con 10 prazas autorizadas.

Neste servizo lévanse a cabo as seguintes actividades e programas:

  • Área de información, valoración, seguimento e orientación:
    • Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.
    • Servizo de información, orientación e formación a familiares.
  • Área de formación básica e instrumental:
    • Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
  • Área de actividades e programas:
    • Actividades de ocio e tempo libre: excursións, talleres temáticos, actuacións, participación en xornadas, actividades sociais e deportivas...
  • Área de formación profesional:
    • Servizo de formación para o emprego.
  • Área de mantemento e/ou rehabilitación:
    • Atención psicolóxica.
  • Área de servizos xerais:
    • Manutención e dietas especiais.
    • Limpeza e mantemento.
    • Xestión e administración.
    • Supervisión e vixilancia.

SERVIZO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL (PAP): Está dirixido a persoas maiores de 16 anos, con discapacidade física, intelectual ou mixta, ás súas familias e ó entorno cercano. Cóntase cun equipo interdisciplinar formado por fisioterapeuta, terapeuta ocupacional e mestra de educación especial.

 

  • EQUIPO DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ (EDIAT): R/ Frei Lois Rodríguez, 9 de Noia. Teléfono 981 842 097.

 

 

 

 

 

 

 

 

  • CENTRO DÍA E OCUPACIONAL: Avda. República Arxentina, 60 de Noia. Teléfono 981 972 822.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Páxina web: www.misela.es

Páxina facebook:

Blog usuarios Centro Misela: https://osamigosdemisela.blogspot.com.es/

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!