Asociación de Pais de Minusválidos de Teo

Asociación de Pais de Minusválidos de Teo

  • Dirección: Travesia das Galanas nº 71
  • Código Postal: 15886
  • Localidade: Teo
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: aspamite@aspamite.org
  • Teléfono: 981548701
  • Teléfono móbil: NULL
  • Fax: 981548701
  • Páxina Web: www.aspamite.org

QUEN SOMOS

Somos  a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual do concello de Teo que foi formada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade deste concello.

Aspamite xorde como unha iniciativa dun grupo de pais e nais e de profesionais do concello de Teo que vían con preocupación o futuro das persoas con discapacidade unha vez que rematan a escolaridade obrigatoria porque non había ningún organismo que se fixera cargo da súa atención e moitas das familias non dispoñían de tempo nin de medios económicos para envialos a centros doutras localidades.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

O ámbito de actuación da asociación, empezou sendo soamente o término territorial do concello de Teo pero na actualidade, atendemos tamén a discapacitados dos concellos de Santiago de Compostela, a Estrada, Boqueixón, Brión e Rois.

OBXECTIVOS

Entre os fins de ASPAMITE, destacamos:

  • Facilitar a integración socio-laboral das persoas con discapacidade.
  • Facilitar o desenvolvemento persoal e social, proporcionando unha atención integral, mediante programas de habilitación ocupacional e de axuste persoal e social para que poidan levar unha vida máis autónoma.
  • Desenvolver a autoestima e favorecer a unha maior participación na vida social.
  • Proporcionar apoio e asesoramento ás familias.
  • Ofrecer atención mediante apoios orientados a manter e desenvolver as facultades para todas as áreas de habilidades adaptativas e o desenvolvemento persoal.
  • ...

 

 

En ASPAMITE contamos cos seguintes servizos para a atención dos usuarios/as:

  • Centro de día.
  • Centro ocupacional.
  • Comedor.
  • Rehabilitación.
    • Fisioterapia.
    • Actividades deportivas.
    • Logopedia.
    • Terapia ocupacional.

Entre os talleres realizados, temos:

  • Cestería, encadernación, confección de alfombras.
  • Desenvolvemento de habilidades socio-emocionais.
  • Orientación espacio-temporal.
  • Habilidades académico-funcionais.
  • Adquisición de destrezas para a vida diaria, modificación da conducta.
  • Habilidades comunicativas e da linguaxe, educación física e psicomotricidade.
  • Fisioterapia, obradoiro de ensartado, habilidades cognitivas.
  • ...

 

O noso enderezo é:

Travesía das Galanas, 71.

Calo, C.P 15886, Teo (A Coruña).

Teléfono: 981548701 // 6293226601

correo electrónico: aspamite@aspamite.org

páxina web: www.aspamite.org

Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!