Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (ASPAMITE)

Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (ASPAMITE)

  • Dirección: Travesia das Galanas nº 71
  • Código Postal: 15886
  • Localidade: Teo
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: aspamite@aspamite.org
  • Teléfono: 981548701
  • Teléfono móbil: 629322601
  • Páxina Web: www.aspamite.org

QUEN SOMOS

Somos a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional do concello de Teo que foi fundada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade. Actualmente atendemos a 15 persoas no Centro Ocupacional, das cales catorce son prazas públicas e unha é privada, e a 10 persoas no Centro de Día. 

A nosa sede está situada nun local cedido polo Concello de Teo durante 50 anos.

Os Estatutos  foron visados e incorporados ao Rexistro Provincial de Asociacións, con data 17 de marzo de 1995. Posteriormente, foron modificados e inscritos na Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia co nº 3911/1ª con data 15 de febreiro do 2005.

       Rexistros nos que figura Aspamite:

Rexistro da Consellería da Vicepresidencia e do Benestar Social da Xunta de Galicia co número E-863.

Recoñecida entidade de carácter social dende o 25 de xaneiro de 2005.

Censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo con data 2 de novembro de 2001.

Declarada Entidade de Utilidade Pública segundo a Orde Ministerial 3014/2008 do 30 de setembro.

Convenio das prazas coa Xunta de Galicia dende o ano 2009.

Recoñecemento, pola Consellería de Sanidade, como Centro Sociosanitario co número C-15-002666 o cal nos autoriza para impartir terapias de Terapia Ocupacional, Fisioterapia e Psicoloxía dende o 17 de febreiro de 2012.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

O ámbito de actuación da asociación, empezou sendo soamente o término territorial do concello de Teo pero na actualidade, atendemos tamén a discapacitados dos concellos de Santiago de Compostela, a Estrada, Boqueixón, Brión e Rois.

OBXECTIVOS

Entre os fins de ASPAMITE, destacamos:

  • Facilitar a integración socio-laboral das persoas con discapacidade.
  • Facilitar o desenvolvemento persoal e social, proporcionando unha atención integral, mediante programas de habilitación ocupacional e de axuste persoal e social para que poidan levar unha vida máis autónoma.
  • Desenvolver a autoestima e favorecer a unha maior participación na vida social.
  • Proporcionar apoio e asesoramento ás familias.
  • Ofrecer atención mediante apoios orientados a manter e desenvolver as facultades para todas as áreas de habilidades adaptativas e o desenvolvemento persoal.

 

 

En ASPAMITE contamos cos seguintes servizos para a atención dos usuarios/as:

Servizo de Atención Asistencial (Centro de Día).

Servizo de Atención Ocupacional (Centro ocupacional).

Servizo de Atención Rehabilitadora e Terapéutica.

Atención psicolóxica.

Información, orientación e apoio ás familias.

Comedor.

Transporte

 

Entre as actividades realizadas destacan:

Estimulación Cognitiva.

Estimulación Sensorial.

Habilidades Sociais e Comunicativas.

Teatro.

Natación.

Pilates adaptado.

Uso das novas tecnoloxías.

Psicomotricidade.

Talleres de Cestería, bordado, encadernación, confección de alfombras, ensartado, relaxación e musicoterapia.

Expresión plástica e artística.

Desenrolo de habilidades socio-emocionais.

Orientación espacio-temporal. Habilidades académico-funcionais.

Habilidades básicas da vida diaria.

Habilidades instrumentales da vida diaria.

Xardinería

Educación laboral.

 

O noso enderezo é:Travesía das Galanas, 71 - Calo

C.P 15886, Teo (A Coruña).

Teléfono: 981548701 // 6293226601

correo electrónico: aspamite@aspamite.org

páxina web: www.aspamite.org

Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!