Asociación de Pais e Nais de Nenos con Minusvalía de Narón

Asociación de Pais e Nais de Nenos con Minusvalía de Narón

  • Dirección: Mercedes Freire Lago, nº 4, baixo, sala F, Santa Icia.
  • Código Postal: 15578
  • Localidade: Narón
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: aspanemi@gmail.com
  • Teléfono: 981946319
  • Teléfono móbil: 687512849
  • Páxina Web: https://www.facebook.com/Aspanemi/

ORIXE:

Nacemos coma asociación sen ánimo de lucro o 19 de decembro de 1997 por iniciativa dun grupo de pais e nais que viron a necesidade de unirse para apoiarse mutuamente ó verse desorientados fronte á situación sociosanitaria emerxente nos seus fogares. Deste modo, comezamos a facilitar ós socios e ás súas familias programas e actividades de intervención e rehabilitación, pero sobre todo información.

MISIÓN:

Centrámonos na consecución dos seguintes obxectivos:

  1. Axudar aos pais e nais a asumir a situación que se lles presenta ao saber que teñen un fillo ou filla con discapacidade.
  2. Lograr unha atención temperá real.
  3. Realizar actuacións para contribuír á mellora da integración, potenciación e dignificación do colectivo de persoas con discapacidade.

PREMISAS

Apoio, Solidariedade, Participación, Atención temperá, Necesidades especiais, Empatía, Multi-actividade, Inclusión.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Dende Narón cara a toda a comarca de Ferrolterra.

PERSOAS ASOCIADAS: 

Aproximadamente corenta persoas, na súa maioría mulleres.

PROGRAMA DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN:

Centrado no control financeiro e estratéxico, na xestión da recadación de fondos, na administración de proxectos e subvencións públicas e privadas e na organización de recursos humanos.

PROGRAMA DE APOIO FAMILIAR:

O máis completo dos nosos programas, coordinado pola nosa pedagoga, e que está composto a súa vez dos seguintes subprogramas:

Subprograma de familia: Este subprograma está integrado polas seguintes actividades:

  • Aula de intervención educativa.
  • Obradoiro de Psicomotricidade.
  • Terapia individual para pais.
  • Terapia de Pais e Nais (grupal).

Subprograma de información, sensibilización e divulgación: Centrado primordialmente nas familias, pero aberto a sociedade en xeral. Componse das seguintes actividades:

  • Obradoiros informativos: Obradoiro afectivo Sexual (en colaboración con Quérote +) ou Obradoiro sobre discapacidade e dependencia.
  • Xornadas formativas: abertas a todo o público xeral, dan cita a diversos profesionais e/ou particulares destacados no ámbito da diversidade funcional unha vez ó ano (normalmente no mes de decembro).

Subprograma de respiro familiar: trátase dun obradoiro de pintura que se leva a cabo unha vez ó mes en horario de fin de semana (fóra do horario habitual da asociación), e ocupa as tardes dos sábados, onde os pais poden deixar os nenos sen necesidade de estar eles presentes na actividade. A pedagoga que coordina o obradoiro, xunto con catro voluntarios encárganse de do desenvolvemento de actividades totalmente lúdico-artísticas e xogos para rematar merendando.

PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE:

A diferenza existente do Programa de Apoio familiar, máis concretamente no “subprograma de respiro familiar” co “programa de ocio e tempo libre” reside en que, neste último, a asistencia de pais ou titores é obrigatoria, posto que está deseñado para que as actividades que nel se desenvolve as goce toda a familia. O que pretendemos con este programa e fomentar o contacto e interacción entre os nenos e nenas e entre as súas familias, xerando dunha forma sinxela, entretida e relaxada un ambiente de distensión e ocio. Por outro lado, atendemos ao principio de inclusión co obxectivo de integrar ás persoas con discapacidade en grupos normalizados, posto que dende AS.PA.NE.MI., propoñemos que as nosas actividades sexan abertas a todo tipo de persoas, con ou sen discapacidade.Destacan:

  • Obradoiros de festividades (disfraces, creación de beléns, manualidades, etc.).
  • Esquí Adaptado e Acuoterapia.
  • Convivencias familiares.
  • Saídas e excursións.
  • Festas tradicionais (magosto, samaín, nadal, enroido, etc.)


PROGRAMA DE HIPOTERAPIA:

É un programa innovador (somos un dos poucos centros que o realicen na provincia da Coruña con profesionais especializados na materia), trátase dunha alternativa terapéutica baseada na utilización do movemento multidimensional do cabalo para o tratamento de diferentes afeccións físicas e mentais. A hipoterapia, por tanto, contribúe a mellorar significativamente as condicións do desenvolvemento psico-físico social das persoas con discapacidade e con necesidades educativas especiais, para unha mellor calidade de vida. Así, co cabalo, prodúcense avances significativos nas áreas psicomotora, psicolóxica, da comunicación e a linguaxe, e no campo da socialización.

Para a realización desta actividade poñemos ao fronte do programa a unha fisioterapeuta profesional (CEFINE), probadamente cualificada e cunha dilatada experiencia na equitación con fins terapéuticos, así como a nosa psicóloga, que a máis de coordinar o programa complementa a actividade con exercicios de estimulación cognitiva (adecuados a cada un dos nenos), o que nos permite alcanzar resultados altamente satisfactorios ata o día de hoxe.

 

PROGRAMA DE FISIOTERAPIA:

 

 

 

 

Pretende resolver as alteracións no movemento que presenta a persoa con discapacidade e/ou en situación de dependencia para mellorar a participación na súa contorna familiar e social, a través dun proceso dinámico, activo e motivante que será adaptado especialmente para cada persoa e en cada momento. Para tal fin servímonos dos servizos de Ana Novo Porca, fisioterapeuta de Neuraxis dúas sesión á semana en terapias individuais.


PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL:

Nace para dar apoio ós Programas de Apoio Familiar (Subprograma “Respiro familiar”) e ó Programa de ocio e tempo libre.

PROGRAMA DE COOPERACIÓN SOCIAL:

Neste programa se organizan, coordinan e supervísanse campañas para recadar fondos para causas alleas a nosa asociación, de persoas con discapacidade en situación límite, no cal a súa vida e integridade física vese comprometida. Cabe matizar que trátase dunha actividade altruísta da cal AS.PA.NE.MI. non percibe ningún tipo de aporte económico. A Campaña que promovemos polo de agora é a seguinte:

Campaña de tapóns solidarios: Comezamos a facer este tipo de campañas no ano 2011 coa “reciclaxe de tapóns solidarios” promovida por AEFAT (Asociación Española de Ataxia Teleanfiectasi). Trátase dunha campaña de reciclaxe solidario que ten como obxectivo recadar fondos para a investigación e tratamento da Ataxia Teliangiectada, enfermidade rara da que só se coñecen 12 casos en toda España, e que padece unha rapaza da nosa comarca.

Dende AS.PA.NE.MI pretendemos crear unha rede de colaboradores, solidaria e participativa, composta por empresas, organismos, organizacións e persoas anónimas para a recolección de tapóns de plástico duro (de iogures, botellas de auga, deterxente líquido, tapóns de tetrabricks, botellas de aceite, etc.) para a seu posterior traslado e reciclaxe. 

ENDEREZO: Rúa Mercedes Freire Lago nº4 Baixo Sala F.

CP: 15578

LOCALIDADE: Santa Icía- Narón.

PROVINCIA: A Coruña.

TELÉFONO: 981946319.

E-MAIL: aspanemi@gmail.com

REDES SOCIAIS:

BLOG: http://aspanemi.blogspot.com.es/


Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

   

Aspanemi organiza un obradoiro de pintura
  • Lecer
  • 06 de octubre de 2018

Aspanemi organiza un obradoiro de pintura

Será o sábado, 6 de outubro, en horario de 17 a 20 horas no local social A Solaina de Narón

ASPANEMI POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
  • Lecer
  • 08 de septiembre de 2018

ASPANEMI POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

ASPANEMI fabrica o seu propio horto colgante
  • Lecer
  • 02 de junio de 2018

ASPANEMI fabrica o seu propio horto colgante

No obradoiro mensual faremos o noso propio horto colgante, pero de fresas.

ASPANEMI celebra os maios con flores
  • Lecer
  • 05 de mayo de 2018

ASPANEMI celebra os maios con flores

As nenas e os nenos que asistan ao obradoiro mensual, crearán o seu propio Maio

ASPANEMI organiza Re-Inventando o Refugallo
  • Lecer
  • 07 de abril de 2018

ASPANEMI organiza Re-Inventando o Refugallo

No noso Obradoiro mensual, os nenos e nenas que acudan á actividade, realizarán un xogo de mesa con materiais de refugallo.

Atrévete a experimentar

Atrévete a experimentar

No noso taller mensual os nenos e nenas aprenderán a facer un volcán e o seu funcionamento.

ASPANEMI celebra a festa do Entroido
  • Lecer
  • 03 de febrero de 2018

ASPANEMI celebra a festa do Entroido

Na Asociación ASPANEMI faremos a festa de entroido 2018, este ano coa temática de Superheroes.

ASPANEMI organiza viaxe á neve 2018
  • Lecer
  • 26 de enero de 2018

ASPANEMI organiza viaxe á neve 2018

A viaxe comprende as datas do 26 ao 28 de xaneiro

ASPANEMI organiza obradoiro cociña creativa
  • Lecer
  • 13 de enero de 2018

ASPANEMI organiza obradoiro cociña creativa

O día 13 de xaneiro levarase a cabo o Taller de Cociña creativa.

Visita do Apalpador
  • Lecer
  • 27 de diciembre de 2017

Visita do Apalpador

Recibiremos en AS.PA.NE.MI a visita do Apalpador

Obradoiro de pintura decembro 2017
  • Lecer
  • 02 de diciembre de 2017

Obradoiro de pintura decembro 2017

Ola a todos e todas! Este sábado 2 de decembro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón) celebramos o noso obradoiro mensual de pintura. Quen se apunta?

ASPANEMI realiza obradoiro de pintura novembro 2017
  • Lecer
  • 04 de noviembre de 2017

ASPANEMI realiza obradoiro de pintura novembro 2017

AS.PA.NE.MI aproveita o seu obradoiro mensual de novembro para festexa-lo Samaín.

Obradoiro de pintura de outubro 2017
  • Lecer
  • 07 de octubre de 2017

Obradoiro de pintura de outubro 2017

Coa chegada de outubro retomamos as nosas actividades habituais, entre as que destacan os obradoiros de pintura. Así que xa sabedes, tedes unha cita este sábado 7 de outubro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón). Esperámosvos!