ORIXE:
A orixe da asociación data a decembro de 2007, constituíndose como unha asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade.
MISIÓN:
Mellora contra a exclusión a nivel social e laboral que sofren as persoas con discapacidade e mellorar a calidade de vida destas persoas e dos seus familiares.
OBXECTIVOS:
Os fins principais que se pretenden acadar son:
PRINCIPIOS E VALORES
A asociación baséase nunha actuación democrática dos seus membros, cunha actuación transparente e solidaria.
Acata os valores doutras asociacións cos mesmos fins: a consideración das persoas con discapacidade como suxeita de dereito e valores. A importancia da familia.
Considera como valor fundamental a promoción de autocontrol e autoevaluamento destas persoas.
Cursos e seminarios (para o persoal, persoas usuarias, directiva, persoas asociadas, etc.) e actividades de axuste persoal e psicopedagóxico (para favorecer a integración laboral e uns niveis de autonomía adecuados ás persoas con discapacidade). Dentro desta área formativa desenvolveránse obradoiros ocupacionais e prelaborais, nos que se buscaría como obxectivo a adaptación, formación e promoción laboral das persoas con discapacidade.
Dirixidas a persoas con discapacidade que precisan dun apoio xeralizado, co obxectivo de garantir o máximo desenvolvemento individual, potenciando o benestar físico, psíquico, a autodeterminación, a autonomía persoal e a relación e integración familiar e social.
- Programa de atención á familias
- Programas de ocio e tempo libre
- Programas de actividades deportivas
- Transporte e comedor.
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación