Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da provincia de A Coruña

Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da provincia de A Coruña

A  Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da provincia da Coruña, foi fundada por iniciativa dun grupo de enfermos no ano 1993, como entidade xurídicamente independente e co loable obxectivo de garantir a atención en todos os aspectos da vida das persoas afectadas polas Enfermidades Inflamatorias Intestinales Crónicas (EIIC), así como das necesidades de os seus familiares, en toda a provincia da Coruña. 

Esta iniciativa pretende promover toda clase de actividades e información destinadas a mellorar a situación e a calidade  de vida das persoas afectadas destas enfermidades crónicas intestinales, así como a das súas familias, co obxecto de favorecer a integración e normalización personal, familiar e social dos coruñeses, a maioría mozos, que padecen una EIIC.

Pero ademáis, traballamos tamén en : sensibilizar á sociedade en xeral sobre as necesidades deste grupo de enfermos, así como a Administración Pública e as Entidades Privadas, e por outro lado a fomentar a investigación e a formación sobre esta enfermidade, todo esto a través de ACCU España, asociación fundada como tal en 1997.

ACCU Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro, que congrega a persoas afectadas de EIIC, familiares e persoas sensibilizadas coa problemática desta enfermidade.O ámbito de actuación é provincial, colaborando con asociacións e entidades de idéntica o similar finalidade.

Facilitar INFORMACIÓN sobre a enfermidade aos afectados, familiares e  entorno do enfermo, co fin de conseguir un maior coñecemento sobre os seus síntomas, posibles tratamentos, así como complicaciós da mesma.

SENSIBILIZAR á opinión pública e á Administración, especialmente aos Servicios Socio-Sanitarios co  fin de conseguir unha mellora na prevención e tratamiento.

PUBLICACIÓN e DIFUSIÓN de material didáctico e informativo.

Fomentar a creación de GRUPOS DE AXUDA MUTUA.

ASESORÍA XURÍDICA grazas á colaboración de un grupo de abogados.

Información de MÉDICOS da Seguridade Social e de Consultas Privadas.

HOSPITAIS de Referencia da nosa provincia

Varias CHARLAS MÉDICAS impartidas por médicos especialistas.

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!