ORIXE:
Somos unha asociación de persoas amputadas de ámbito nacional sen ánimo de lucro, fundada no ano 2008 por un grupo de persoas con amputacións de toda España, coa fin primordial de apoiar, informar, asesorar, axudar e guiar a toda persoa que teña pasado por un proceso de amputación así, como as súas familias, facilitando e favorecendo, ao colectivo de persoas con amputacións, na súa plena integración, en todos os ámbitos da sociedade.
Dende a súa fundación, ata o momento, experimentou unha notable evolución tanto en iniciativas, como en prestacións, non só as súas persoas asociadas, senón, a calquera persoa con amputacións que se achega á asociación e as súas familias.
A oferta dos diferentes servizos que presta “ANDADE”, ten como obxectivo, poder chegar á plena totalidade da poboación amputada dos diferentes concellos de toda España, nos que desenvolve a súa labor social en beneficio de toda persoa con amputacións, alí onde queira que esta se atope.
MISIÓN:
A súa principal misión é divulgar, informar e prestar servizos sobre todos os extremos pertinentes tendentes a potenciar a mellora na calidade de vida das persoas amputadas. Entre as accións a realizar, encóntranse:
- Pago íntegro e directo das prótese por parte do sistema sanitario público, incluídas, por suposto, as de última xeración. Evitando así, a carga económica, mellorando a autonomía persoal e mellorando as condicións físicas, biomecánicas, psicolóxicas e a calidade de vida do pacente, e optimizando os recursos sanitarios.
- Creación dun catálogo de Prestacións Ortoprotésicas único, para todo o territorio nacional e actualizado coas útlimas tecnoloxías. Desta forma, existiría unha igualdade de trato para todos os amputados independentemente dá CCAA en que residan.
- Inclusión de prótese, que incorporan, novas tecnoloxías, chamadas de última xeración; ou biónicas, nas prestacións do catálogo. Este punto é moi importante, porque non se está a facer, minorando a calidade de vida e saúde do pacente, que se ve obrigado a utilizar as próteses desactualizadas que propón o catálogo, porque non dispón dos medios económicos para ter acceso ás mellores.
- Asistencia de Psicólogos Clínicos para á atención do paciente amputado e familiares directos, tanto antes da amputación como a posteriori. Desta forma evítanse traumas anímicos, morais e de autoestima para este paciente e evitaranse gastos innecesarios en medicamentos.
- Formación de Técnicos de Ortopedia, con estudos regrados e con dous anos mínimo de prácticas en hospitais, ortopedias, centros de rehabilitación, en beneficio da correcta atención e saúde física dos pacientes amputados.
OBXECTIVOS
- A orientación a persoas afectadas, familiares, cuidadores, profesionais sanitarios e sociais, tanto sobre a problemática da enfermidade ou amputación como das súas consecuencias e solucións posibles a ditos problemas.
- A atención á persoa afectada, desde a fase hospitalaria, o seu seguimento asistencial, así como a súa integración e reingreso á vida social, educativa, de formación profesional e laboral, se o seu estado o permite.
- Contribuír á axuda física, psicolóxica, social e moral de todas as persoas afectadas da enfermidade ou amputación, así como ao estímulo do estudo sobre a súa causa e tratamento. A promoción, formación e integración social e laboral das persoas cunha amputación, se así o requiren.
- O incremento da calidade de vida dos afectados e da mellora do benestar social, psicolóxico e emocional, nas persoas enfermas ou amputadas e as súas familias.
- O fomento da investigación e divulgación de técnicas ou tratamentos que preveñan, diminúan ou mitiguen os efectos da enfermidade ou amputación.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
ANDADE ten o seu ámbito de actuación a nivel nacional, podendo constituírse en federación con outras asociacións de ámbito rexional, nacional ou internacional.
COLABORACIÓN OU PERTENZA
Constitúese como unha entidade aberta, sen ánimo de lucro, da que poden formar parte todas as persoas que o soliciten, sempre que compartan os principios e fins de "ANDADE", na defensa da plena integración das persoas amputadas.
FORMAMOS PARTE DE
Esta entidade, dende o 25 de febreiro do ano 2013, é membro da Federación COGAMI CORUÑA: Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña.