Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Valdeorras

Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Valdeorras

ORIXE

A asociación DISVALIA constitúese en 2011, para dar resposta á demanda do colectivo de persoas con discapacidade  da comarca de Valdeorras.

MISIÓN

A misión de DISVALIA é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

A nosa visión é ser unha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderazgo en metodoloxías de traballo na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ó grupo social das persoas con discapacidade.

FORMAMOS PARTE DE

Desde 2013 pertencemos a DISCAFIS-COGAMI (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense).

Entre as nosas actividades, destacamos:

  • Información, asesoramento e sensibilización.
    • Ofrecemos información as persoas socias da entidade sobre recursos e actividades para os mesmos e derivamos ós organismos correspondentes.
  • Ocio.
    • Organízanse actividades que fomenten a participación en actividades adaptadas para as nosas persoas socias, fomentando así as relacións sociais e a saída do ambiente máis próximo.
  • Eliminación de barreiras.
    • Información e asesoramento nas demandas desta área. No caso necesario derívase ó departamento de accesibilidade de COGAMI a través da federación provincial.
  • Servizo de rehabilitación.
    • Actividades como a hidroterapia para traballar a mellora física a través da rehabilitación na auga. Tamén se ofrecen sesións de fisioterapia ás persoas socias da comarca co fin de poder traballar aspectos que diminuirían o dolor, epasticidad, etc, para así mellorar a súa calidade de vida.

Pódenos localizar en:



c/Lugo, 6, 32300

O Barco de Valdeorras, Ourense

Páxina web: www.disvalia.com

Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!