ORIXE:
ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares) nace no ano 2013 co obxectivo fundamental de mellorar a calidade de vida das persoas transplantadas de medula ósea, de aquelas que se encontran inmersas no proceso dun cancro hematolóxico, dos seus familiares e, polo tanto, do conxunto da sociedade. Na breve historia da asociación, conseguiu trasladar á sociedade a importancia de doar medula ósea, como un xesto de solidariedade que entendemos que debe ser íntrinseco ao ser humano, e que permite salvar moitas vidas ao longo do ano.
OBXECTIVOS
As liñas de actuación céntranse en tres obxectivos principais, que son:
- Colaborar nos proxectos de investigación sobre o cancro hematolóxico.
- Informar e sensibilizar ao conxunto da poboación en todo o relacionado coa donación de medula ósea.
- Proporcionar información, asesoramento e soporte emocional a persoas pacentes de cancro hematolóxico e aos seus familiares.
FORMAMOS PARTE DE
ASOTRAME forma parte de:
- ALCLES: Agrupación de Asociacións de Loita contra o Leucemia e Enfermidades da Sangue, a nivel nacional. Esta entidade, nada no ano 1994, logrou grandes fitos en pro da mellora da calidade de vida das persoas que padecen algún tipo de cancro, e a día de hoxe, segue ofrecendo as súas persoas usuarias unha serie de servizos e programas que permiten a atención integral dos pacientes.
- GEPAC: Grupo Español de Pacentes con Cancro. Trátase dunha organización independente e sen ánimo de lucro, composta por 70 asociacións de pacientes, 22 membros corporativos e 10 divisións propias: tumores raros, mama, cabeza, colo, fígado, páncreas, próstata, pulmón, ril, pel e melanoma. Esta alianza ten como propósito compartir recursos e experiencias, e ter unha soa voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde. GEPAC ofrece información e asesoramento psicooncolóxico, social, xurídico, oncoestético e de rehabilitación física para persoas con cancro e os seus familiares.
- COGAMI: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Esta organización nace no ano 1990, co obxectivo de conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. Cogami conta con 11 iniciativas empresariais de economía social, onde traballan preto de 800 persoas. Cogami está constituída por 58 entidades, entre as que figura Asotrame.
- COCEMFE: Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica. Esta organización é unha ONG fundada en 1980 que aglutina, fortalece e coordina os esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica para defender os seus dereitos, mellorar a súa calidade de vida, potenciar a súa autonomía e alcanzar a plena cidadanía. COCEMFE está formada por 91 entidades estatais, autonómicas e locais, que á súa vez agrupan a máis de 1.600 asociacións locais en todo o país.
Son numerosas as actividades realizadas e proxectos levados dende ASOTRAME, entre as que se poden destacar:
Pódenos localizar no seguinte enderezo:
C/ Cuatro Caminos S/N
Local Social A Gándara
Primer piso
CP: 15570 Narón, A Coruña.
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación