Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña

Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña

  • Dirección: Rúa Rafael Alberti, nº10, baixo
  • Código Postal: 15008
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: grumico@grumico.com
  • Teléfono: 981135151
  • Teléfono móbil: 662596786
  • Páxina Web: http://grumico.com/

ORIXE:

GRUMICO, Grupo de Persoas con Discapacidade física de A Coruña, é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en 1979 que loita por defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade física, ó mesmo tempo que ofrece unha serie de servizos que procura adecuar ás necesidades das persoas asociadas

MISIÓN:

O noso obxectivo prioritario é traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade física e do seu entorno, defender os seus dereitos e intereses e promocionar a súa autonomía persoal. Por iso ofrecemos unha serie de servizos cos que pretendemos:

  • Orientar, asesorar e apoiar a persoas socias e familiares.
  • Manter e mellorar a autonomía persoal.
  • Fomentar a participación social, formación, ocupación do ocio e tempo libre.
  • Loitar pola consecución dun entorno accesible.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O noso campo de actuación abarca a cidade de A Coruña e os concellos limítrofes.

PERSOAS ASOCIADAS:

Na actualidade a nosa base social está formada por 467 persoas asociadas, 93 mulleres e 374 homes.

Co obxectivo de satisfacer as  demandas das nosas persoas asociadas, promóvense actividades dirixidas a cubrir as necesidades formativas, informativas e de asesoramento, sociais, sanitarias, de promoción da autonomía e fomento da accesibilidade así como actividades de ocio e tempo libre entre outras.

O nosos servizos actuais son:

  • Fisioterapia.
    • Sesións individualizadas para promover o mantemento ou recuperación das capacidades motrís e a reeducación funcional da persoa con discapacidade física, procurando a consecución do máximo nivel de autonomía posible.
  • Terapia ocuapacional.
    • Ten como obxectivo principal dar resposta ás diversas necesidades do usuario, proporcionando os medios para adaptarse e participar activamente no seu entorno maximizando os seus niveles de funcionalidade e independenza.
  • Transporte adaptado.
    • A nosa entidade realiza diariamente un servizo de transporte  adaptado e acompañamento, mediante uns vehículos especialmente adaptados. Este servizo está dirixido a persoas con mobilidade reducida que teñen dificultade para o uso do transporte público. Con este servizo preténdese mellorar a mobilidade diaria dos nosos socios, conseguindo un apoio á promoción da autonomía persoal e unha mellora na calidade de vida das persoas con discapacidade e os seus familiares.
  • Traballo social.
    • Con este servizo preténdese por un lado coordinar os distintos programas que se levan a cabo na entidade, así como ofrecer unha atención social directa a todas aquelas persoas que o necesiten.
  • Apoio psicolóxico.
    • Mediante este servizo pretendemos proporcionarche apoio emocional, tanto individual como en grupo, nun espazo íntimo e acolledor para afrontar con confianza e respecto todo o que che afecta e te frea no teu día a día.
  • Gabinete de accesibilidade.
    • O obxectivo é ofrecer un servizo de orientación, información e asesoramento e promoción da accesibilidade do noso entorno así como realizar un labor de concienciación en todos os ámbitos da nosa sociedade.
  • Actividades de formación e sensibilización.
    • Desde a nosa entidade consideramos firmemente  na formación como elemento indispensable para o cambio; por esta razón, consideramos fundamental promover actividades dirixidas a todo tipo de colectivos ( mozos/as, profesionales sanitarios, profesionales no ámbito do social, docentes...), destinadas á visibilización, concienciación e formación no ámbito da discapacidade.
  • Voluntariado.
    • GRUMICO está rexistrada como entidade de acción voluntaria de Galicia e como tal, leváronse a cabo dous tipos de programa de voluntariado:
      • Programa de acompañamento social.
      • Programa de acompañamento no servizo de transporte adaptado.
  • Escola de xoiería.
    • Na nosa escola fórmase a persoas con discapacidade en situación de desemprego no campo da xoiería.
  • Actividades de ocio e tempo libre.
    • Realízanse ó longo do ano distintas actividades de ocio dirixidas a socios e familiares. Co obxectivo de promocionar o ocio e  aumentar a participación social das persoas con discapacidade e os seus familiares.
  • Outros servizos de GRUMICO:
    • Un dos obxectivos principais é apostar por satisfacer as necesidades dos nosos socios e familiares, intentando aportar variedade nos nosos servizos. Para isto, contamos ca colaboración de expertos na materia, axenos ó equipo de GRUMICO, que imparten clase no noso local social:
      • Taller de fotografía, pintura, informática, teatro...

 

Velaiquí un vídeo resumo:

 

Pódenos localizar no seguinte enderezo:

 

 

Rúa Rafael Alberti, nº10, baixo    

CP:15008, A Coruña

Correo: trabajosocial@grumico.com

Páxina web: http://grumico.com/

Ou tamén no noso Facebook:

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

                            

GRUMICO organiza charla sobre bases dunha Alimentación Saudable

GRUMICO organiza charla sobre bases dunha Alimentación Saudable

Colabora: Rede Galega de Promoción da Saéde (REGAPS).

GRUMICO organiza un obradoiro de información e asesoramento sexolóxico

GRUMICO organiza un obradoiro de información e asesoramento sexolóxico

DEDALEIRA ofrecerá 3 talleres en GRUMICO sobre educación sexual. Lorena Boquete Vila, psicóloga e sexóloga, busca informar e concienciar sobre sexualidade nun ambiente seguro. Datas e horario: Venres 24 e 31 de maio, e 7 de xuño, de 11:30 a 13:00 horas.

GRUMICO asiste áexposición fotográfica Helmut Newton "Fact&Fiction¨

GRUMICO asiste áexposición fotográfica Helmut Newton "Fact&Fiction¨

Visita guiada á exposición de Helmut Newton o 26 de abril ás 11:00h. Exploramos as obras icónicas do famoso fotógrafo. Presenta as súas fotografías máis emblemáticas e ofrece unha visión íntima da súa vida e carreira, xunto con paisaxes evocadoras.

Grumico organiza un taller de pintura

Grumico organiza un taller de pintura

"Pinta entre amigxs" ofrece un ambiente acolledor onde pintar une amigxs, sen importar o nivel de habilidade. Guiados por un amante da arte, os nosos encontros son unha oportunidade para desconectar da rutina e mergullarse na creatividade compartida.

Grumico organiza o obradoiro ¨Fala, sinte e reláxate

Grumico organiza o obradoiro ¨Fala, sinte e reláxate

Ofrece un ambiente seguro para promover a expresión de sentimentos, comprender emocións e técnicas de relaxación e respiración. Fomenta a comunicación aberta e o benestar emocional, axudando a xestionar o estrés e mellorar a súa calidade de vida.

GRUMICO organiza obradoiro de habilidades sociais e emocionais

GRUMICO organiza obradoiro de habilidades sociais e emocionais

Un espazo onde se falará da intelixencia emocional, o autoconocemento, o autocotrol, a motivación e a empatía.

GRUMICO organiza actividad de mindfulness

GRUMICO organiza actividad de mindfulness

Un espazo práctico e vivencial onde compartir experiencias e ferramentas para vivir o momento presente na vida cotiá.

Grumico organiza visita guiada Fundación Barrié
  • Lecer
  • 24 de mayo de 2019

Grumico organiza visita guiada Fundación Barrié

Visita guiada á Fundación Barrié pra ver a Exposición de pintura "Trazos Maestros" organizada por Grumico. Unha gran oportunidade pra ver estas obras de arte que veñen do Victoria and Albert Museum de Londres.

Grumico organiza 2ª parteo do curso Educación Financiera

Grumico organiza 2ª parteo do curso Educación Financiera

Grumico organiza a segunda parte do Curso de Educación Financieira "Tu Banco y Tú". Moi útil pra seguir profundizando en aspectos económicos do día a día, neste caso; centrándose en xestións cos bancos.

Grumico organiza curso Educación Financiera

Grumico organiza curso Educación Financiera

Este curso consiste en aprender as ferramentas claves para xestionar a nosa economía como pode ser: presuposto familiar, aforrar, evitar débedas,etc; así como en relación bancos: contas correntes, tarxetas, préstamos,etc.

Grumico organiza pinchos de nadal
  • Lecer
  • 21 de diciembre de 2018

Grumico organiza pinchos de nadal

O vindeiro día 21 esperámosvos!!! non faltedes que pasaremos lista!!!

GRUMICO organiza cineforum

GRUMICO organiza cineforum

O sábado 26 de maio, de 12:00 a 14:00 en Grumico, como parte do Obradoiro de Educación Emocional, temos preparado unha estupenda sesión de cine na que visualizaremos a película "Del revés" (Inside Out).

GRUMICO organiza obradoiro de emocións básico

GRUMICO organiza obradoiro de emocións básico

Desenvolve a tua intelixencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO organiza obradoiro de Hábitos de Vida Saudable

GRUMICO organiza obradoiro de Hábitos de Vida Saudable

O próximo venres 23 de marzo de 9:30 a 13.30, no local social de GRUMICO, terá lugar un "Obradoiro de hábitos de vida saudables".

GRUMICO organiza obradoiro de conciencia emocional

GRUMICO organiza obradoiro de conciencia emocional

Desenvolve a tua conciencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO organiza obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras

GRUMICO organiza obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras

O venres 23 de febreiro en horario de 9:30 a 13:30 terá lugar na sede de GRUMICO un Obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras.

GRUMICO organiza obradoiro de educación emocional

GRUMICO organiza obradoiro de educación emocional

Desenvolve a tua intelixencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO abre inscrición para actividades deportivas
  • Lecer
  • 22 de enero de 2018

GRUMICO abre inscrición para actividades deportivas

Xa están en marcha as actividades deportivas que GRUMICO S.D está a desenvolver no marco do Proxecto Fomento do deporte inclusivo e solidario financiado pola Fundación Emalcsa.

GRUMICO realiza obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

GRUMICO realiza obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

Xoves día 9 de novembro en horario de mañán de 09.30-13.30 na sede social de GRUMICO, Obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación.

GRUMICO participa en DIVERSIDARTE
  • Lecer
  • 03 de noviembre de 2017

GRUMICO participa en DIVERSIDARTE

Festival das Artes pola inclusión e a diversidade.

EXCURSIÓN Á FEIRA DAS FABAS DE PONTECESO
  • Lecer
  • 28 de octubre de 2017

EXCURSIÓN Á FEIRA DAS FABAS DE PONTECESO

O próximo sábado 28 de outubro GRUMICO organiza unha excursión a XXVII Feira das Fabas de Ponteceso.

GRUMICO realiza obradoiro de fotografía artística

GRUMICO realiza obradoiro de fotografía artística

O próximo luns 16 de outubro e ata o 18 de decembro en horario de 17:00-19:00, comezamos un novo obradorio de FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA na sede social de GRUMICO.

Queres ser voluntari@?

Queres ser voluntari@?

Anímate e vén a coñecer os nosos programas de voluntariado, así como a experiencia das persoas voluntarias xa participantes.