A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas, familiares e profesionais, que traballan na comunidade autónoma galega co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación afectada por estas patoloxías. Nace no 1996 coa finalidade de promover e desenvolver, a nivel individual e social, a loita contra as enfermidades reumáticas, a súa prevención e profilaxis, tratamento e rehabilitación, coa asistencia ás persoas afectadas por estas doenzas.
Está composta por catro delegacións (A Coruña, Lugo, Vilagarcía de Arousa e Vigo) e entre os seus principais obxectivos atópanse:
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
LIREGA desenvolve as súas actividades dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entre as nosas principais actividades, dispoñemos:
A nosa terapeuta ocupacional presta servizo a toda Galicia, desplazándose ás sedes. Mediante o asesoramento e adestramento de talleres ocupacionais, utilización de productos de apoio, eliminación de barreiras arquitectónicas no fogar, centro de traballo e/ou estudo...modifica o rol da persoa pacente na vida autónoma:
- Supresión de barreiras.
- Campaña de sensibilización escolar.
- Xornadas municipais.
- Obradoiros e programas:
A nosa psicóloga presta atención a persoas usuarias de toda a Comunidade Autónoma atendendo as delegacións así como a persoas usuarias de toda Galicia. O obxectivo é ofrecer apoio e soporte ás persoas que padecen ER e as súas familias. Dentro deste servizo atopámonos cos seguintes obxectivos:
- Axustar as demandas derivadas da condición crónica ás necesidades da familia e de cada un dos seus membros.
- Desenvolver estratexias para o abordaxe de condición crónica.
- Facilitar o apoio familiar e potenciar as áreas de competencia da familia.
- Facilitar a axuda entre familias e disminuir o sentimento de aillamento.
Dentro da psicoloxía, atopamos:
- Grupos de apoio.
- Obradoiros e xornadas.
A nosa localización é:
Centro Cívico A Silva
R/ Venela s/n
15008, A Coruña
email: info@ligagalega.org
Páxina web: http://www.ligareumatoloxicagalega.es
Teléfono: 981236586
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación