Asociación Parkinson Ferrol

Asociación Parkinson Ferrol

Asociación PARKINSON FERROL-FERROLTERRA pretende mellorar a calidade de vida das personas afectadas por esta enfermidade e as dos seus familiares, así como concienciar á sociedade da necesidade de loitar con todos os medios posibles para evitar os efectos individuais e sociais consecuentes da enfermidade. En líneas xerais, os principais obxectivos desta entidade son os seguintes: 

Facilitar INFORMACIÓN sobre a enfermidade aos afectados, familiares e contorna do enfermo, co  fin de conseguir un maior coñecemento sobre os seus síntomas, posibles tratamentos, así como complicaciós da mesma.

SENSIBILIZAR á opinión pública e a Administración, especialmente aos Servicios Socio-Sanitarios co fin de acadar unha atención médica e social integral e multidisciplinar, reducindo e evitando todo tipo de barreiras para a integración social e especialmente ás arquitectónicas.

Promoción da FORMACIÓN de todos os profesionais implicados na atención a estos enfermos: neurólogos, psicólogos, trabajadores sociais, fisioterapeutas, logoterapeutas, terapeutas ocupacionales, etc.

 Propiciar a AGRUPACIÓN e a PARTICIPACIÓN de todos os enfermos e as súas familias, para poder traballar de forma coordinada na consecución de posibles solucións. Facilitar, asimesmo, a relación entre persoas que sufren enfermidades crónicas, pois ésta axuda a adquirir maior experiencia e coñecementos para mellorar e aliviar a convivencia coa enfermidade.

Ofertar o ASESORAMENTO, á COOPERACIÓN e os SERVIZOS aos afectados e achegados, mediante persoal profesional e voluntariado social.

DESTACAR a importancia do apoio familiar e da comprensión ca o enfermo, recordando que as tensións emocionais e o estrés agravan os síntomas, mentras que un ambiente grato e sereno pode facilitar e a beneficiar unha melloría do enfermo, redundando nunha mellora convivencia familiar.

Potenciar todos as CANLES DE INFORMACIÓN E SISTEMAS DE AXUDAS para os asociados, a fin de propiciar a integración social

Ademáis, ofrecemos os seguintes servicios:

- Intervención fisioterapéutica

- Intervención Logopédica

- Rehabilitación Cognitiva

- Intervención Psicolóxica

- Grupos de axuda mutua

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!