UGADE ofrece unha atención integral as persoas con epilepsia e as súas familias. Os servizos que ofrece a asociación son:
Orientación, información e asesoramento
É fundamental que as persoas conten coa información que precisan en cada momento da súa vida. Dende UGADE acompañamos as persoas neste proceso facilitando información para resolver dúbidas e cuestións que lles afectan na súa vida diaria, e así mellorar a súa calidade de vida.
Atención psicolóxica
A través deste servizo preténdese mellorar a vida das persoas facilitando ferramentas para afrontar as distintas situacións que podan xurdir. Na epilepsia é moi importante a adaptación e a aceptación desta condición neurolóxica. E tamén é fundamental a psicoeducación para coñecer a enfermidade e así obter un mellor manexo da mesma.
Asesoramento xurídico
Contamos coa colaboración dunha avogada para ofrecer un servizo de orientación e asesoramento para os procesos xurídicos e xudiciais como: discapacidade e dependencia, laboral, dereitos, etc. Dende UGADE consideramos básico loitar polos dereitos das persoas.
Sensibilización e información
As campañas de información e sensibilización son necesarias para visibilizar a epilepsia, e que a sociedade teña maior coñecemento para así eliminar estigmas, barreiras e falsos mitos que dificultan a completa integración. Estas campañas lévanse a cabos en centros educativos (para toda a comunidade educativa), en centros de traballo, centros de saúde, na rúa e tamén en medios de comunicación.
Programa lúdico formativo
A través da formación preténdese obter un maior coñecemento que permita un mellor manexo das situacións. Intentamos conxugar a formación e o tempo libre ofrecendo actividades que permitan a creación de redes da apoio que fortalezan as persoas e as familias con epilepsia. Algunhas destas actividades do programa lúdico formativo son:
Epilepsia e investigación
Aspectos positivos e factores protectores na epilepsia.
Epilepsia e conducción
Epilepsia e deporte
Primeiros auxilios en epilepsia
Xuntanza-Merenda para familias
Asistencia a actividades culturais e deportivas
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación