P0151-2018
PROGRAMA OPERATIVO EMPREGO XUVENIL (POEJ)
Convocatoria de Axudas Económicas para o Reforzo da Empregabilidade de mocidade con discapacidade “Un por un” - POEJ – Ano 2018.
Estas axudas económicas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do citado Programa Operativo, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación.
Obxectivo xeral:
Mellorar a inserción laboral das persoas novas con discapacidade, mediante a adquisición de capacidades e competencias para lograr a súa inserción ao mercado laboral a través da formación específica e formación na empresa.
Axuda concedida: 20.000 €