PERSOAL CONSULTOR EXTERNO PARA O ASESORAMENTO E ACOMPAÑAMENTO Á UNIDADE DE VALOR SOCIAL EN RELACIÓN ÁS FUNCIÓNS RELATIVAS Á IMPLANTACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DE INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS DE INFORMACIÓN, VISIBILIZACIÓN, XESTIÓN E MELLORA DO VALOR SOCIAL XERADO EN ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL
Tipo de contrato: Servizos.
Órgano de contratación: COGAMI.
Prazos de presentación ofertas: 15 días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación na páxina web de COGAMI.
As proposicións deberán presentarse obrigatoriamente á conta de correo de: correo@cogami.gal, indicando no asunto OFERTA PARA A LICITACIÓN DE PERSOAL CONSULTOR EXTERNO.
As propostas deben ir debidamente datadas e asinadas.
Non se aceptarán aquelas proposicións que teñan omisións, erros ou riscadas que impidan coñecer claramente o que o órgano de contratación estime fundamental para considerar a oferta.
Podes descargar aquí o Prego de Condicións
Descarga o Anexo I: Modelo de Proposición Económica
Data de publicación 8/09/2021
Descarga Acta apertura ofertas e revisión documentación
Descarga Resolución adxudicación