O programa Integrado de Emprego de COGAMI, está destinado a persoas desempregadas, que residan en Ourense, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e as súas contornas, que teñan recoñecida unha discapacidade e/ou incapacidade laboral para a súa profesión habitual, que estean inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia
As persoas interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego de COGAMI 2023-2024 poderán contactar coas oficinas de Ferrol (981325568), Ourense (988246057), A Coruña (981231105) e Pontevedra (986863709).
Accións a realizar:
Información, orientación e asesoramento e apoio individualizado no proceso de inserción laboral.
Talleres de técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
Habilidades sociolaborais e talleres de entrevista
Fomento da capacidade emprendedora
Prospección empresarial
Emparellamento de ofertas de emprego
Obradoiros sobre mobilidade laboral
Realizaráse formación de especialidades formativas incluídas no catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego estatal, que se realizará en función dos perfís que participen no Programa Integrado.
Realización de prácticas non laborais
Obxectivo de Inserción: 40% das persoas participantes
Bolsas e axudas: 10€ por dia de asistencia ás accións do programa. Posibilidade de beneficiarte de medidas de conciliación para a asistencia ás accións.
INFÓRMATE SEN COMPROMISO https://www.cogami.gal/conecenos/contacta-con-nos/