Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Subvención a entidades sen ánimo de lucro para Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade cofinanciada polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE de Galicia 2014-2020.

Notificación de resolución:

A Secretaría Xeral de Igualdade en data 10/06/2020 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2, polo importe de 40.000 euros á entidade COGAMI, financiando así a contratación de 7 profesionais para  a realización do servizo “SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MULLER CON DISCAPACIDADE”.

A data do inicio do servizo é o 01/01/2020 e finaliza o 30/09/2020.

Importe da subvención concedida: 40.000 euros.

Duración: 9 meses.

As actuacións desenvolvidas no marco da convocatoria de dita subvención están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80% no marco do programa operativo FSE GALICIA 2014-2020, no obxectivo temático 9 Promover a inclusión e loitar contra a probeza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.3, obxectivo específico 9.3.1.

Podes ampliar a información aquí.