Proxecto de formación presencial  `Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2010´. Convocatoria 2016-2017

Proxecto de formación presencial `Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2010´. Convocatoria 2016-2017

Axuda concedida: 88.055,78€.

COGAMI imparte tres proxectos de formación prelaboral nas provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. Esta actuación enmárcase dentro do `Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2010´, no seu obxectivo 9 `Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación´.

PROXECTO Nº1: Formación prelaboral na provincia de Lugo.

Ten por obxecto mellorar a empregabilidade e participación social a través das habilidades da vida diaria  en tarefas orientadas á autoxestión e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias. Por isto, realizáronse:

Un obradoiro de tela e papel que iniciou o 7 de xaneiro e finalizou o 28 de setembro de 2016. Impartiuse de luns a venres en horario de 10 a 14 horas no centro de recursos de Fingoi, que está situado na rúa da Luz, 4 en Lugo.
Unha acción de reforzo educativo que iniciou o 4 de xaneiro e finalizará 0 31 de decembro de 2016. De xaneiro a xullo impartiuse de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas. De setembro a decembro impartiuse de 9 a 15 horas e de 16 a 17:30 horas. Tamén realizouse este obradoiro no centro de recursos de Fingoi, situado na rúa da Luz, nº4 en Lugo, ademais do centro que está situado na rúa Lorenzo Varela, en Monterroso, no espazo cultural Lorenzo Varela.
Un obradoiro de elaboración de produtos artesanais con papel e cartón, iniciando o 7 de xaneiro e finalizando o 30 de xuño, impartido en horario de 16 a 20 horas de luns a venres no espazo cultural, finalizado o 30 de xuño de 2016, e impartido en horario de 16 a 20 horas de luns a venres no espazo cultural Lorenzo Varela, en Monterroso

PROXECTO Nº2: Formación prelaboral na provincia de Pontevedra

Ten como obxecto mellorar a empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas á autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias. Para isto realizáronse estas accións, todas elas no centro de recursos de Mos (Avenida do Rebullón, Puxeiros) e en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Un taller prelaboral de confeccións e bixutería, iniciado o 1 de setembro de 2016 e durará ata o 3 de marzo de 2017.
Un obradoiro prelaboral de informática iniciado o 1 de setembro de 2016 e finalizará o 3 de marzo de 2017.
Un obradoiro de reforzo pedagóxico iniciado o 1 de setembro de 2016 que finalizará o 30 de marzo de 2017.
Terapia ocupacional e fisioterapia, iniciado o 1 de setembro de 2016 para finalizar o 30 de marzo de 2017.

PROXECTO Nº3: Formación Prelaboral na provincia de A Coruña

Ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades da vida diaria nas tarefas orientadas á autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias. Realizaranse as seguintes accións:

Dependente de comercio, impartido nas instalacións de COGAMI Ferrol (rúa Sánchez Calviño, 56-58) desde o 17 de outubro de 2016 ata o 10 de xaneiro de 2017, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Operario de fábrica agroalimentaria con formación posto de traballo, iniciado o 7 de novembro para finalizar o 12 de decembro de 2016. Impartiuse na Avenida Rosalía de Castro, 12, Montrove, Oleiros, en horario de luns a venres de 9 a 14 horas.