Servizo de inclusión e transición ao emprego para persoas con discapacidade

Servizo de inclusión e transición ao emprego para persoas con discapacidade

Ten como obxectivo xeral a mellora da inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade. A través desta iniciativa, incídese en fomentar o uso das novas tecnoloxías de comunicación como ferramentas innovadoras para a busca de emprego, en favorecer a adquisición de habilidades sociais e de comunicación para o emprego e en mellorar a capacitación das persoas con discapacidade con menos oportunidades. Para iso, emprégase unha metodoloxía de atención centrada na persoa de cara a adquirir as competencias básicas prelaborais para a inserción laboral.

Neste senso, COGAMI levou a cabo un obradoiro de mellora de habilidades sociais e comunicativas ao que asistiron persoas beneficiarias do servizoEste servizo enmárcase dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, cuxo obxectivo é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

COGAMI presta este servizo na comarca Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo, mediante a resolución da Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, e dentro da convocatoria da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social, para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020.

Os resultados cualitativos esperados son, ata o de agora, a atención de 57 persoas con discapacidade ao longo do periodo subvencionable, coa participación en 16 procesos selectivos, acadando 7 insercións laborais.