Podo solicitar a tarxeta de aparcamento para persoas con discapacidade?

Esta tarxeta está prevista para o seu uso por persoas con discapacidade que ademais teñan recoñecida tamén a mobilidade reducida. É persoal e intransferible, e se pode usar en calquera vehículo sempre e cando vaia ou conduza o titular da tarxeta.

Para solicitala terá que dirixirse á sección do seu Concello encargada da súa tramitación. Ademais, cada concello pode regular o seu uso si ben como mínimo terá que permitirse:

O estacionamento nas prazas debidamente sinalizadas como reservada para persoas con mobilidade reducida.

Ampliación do límite de tempo en prazas nas que este límite estivera establecido.

Autorización para deterse na vía pública polo tempo imprescindible e sempre que non interrompan a circulación rodada ou peonil.

Para máis información sobre este e outros servizos na guía de recursos.