Para termos dereito a unha prestación económica non contributiva (PNC) debemos ter recoñecida unha discapacidade mínima do 65%, residir legalmente en España polo menos durante 5 anos, dos cales 2 terán que ser inmediatamente anteriores á data da solicitude, ter entre 18 e 65 anos de idade e non superar uns limites de ingresos establecidos anualmente.
Se precisas máis información sobre esta ou outras prestacións económicas pincha no seguinte enlace Guía de recursos específicos para as persoas con discapacidade.