A percepción dunha pensión vitalicia por incapacidade permanente total é compatible co salario que poida recibir a persoa na mesma empresa ou noutra distinta, sempre e cando as funcións non sexan coincidentes. Sen embargo, non será compatible con estas percepcións salariais o incremento do 20%.
O inicio dun novo traballo (distinto ao establecido como profesión habitual), require autorización previa da compatibilidade se é que a causa que xerou a incapacidade é por enfermidade profesional. Se a continencia é común ou accidente, é obrigatorio comunicar á seguridade social o inicio desa nova actividade laboral (ben sexa por conta propia, por conta allea ou no emprego público).
En liñas xerais, se se realizaron ditos trámites previamente, non se perde a condición de pensionista da Seguridade Social. Hai que ter en conta ademais, que dita prestación pode ter especialidades no caso de que se cause por cotizacións dos réximes especiais da seguridade social (Réxime de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas; Réxime especial da minería do Carbón; Mutualistas).
Máis información:
Seguridad Social: Prestaciones / Pensiones de Trabajadores (seg-social.es)