Teño dereito a algún tipo de exención á hora de adquirir un vehículo por ter o certificado de discapacidade?

Se aplicará o tipo reducido do 4% de IVE cando se adquira un vehículo destinado ao transporte de persoas con un mínimo do 33% de discapacidade que ademais sexan usuarias de cadeira de rodas ou teñan recoñecida mobilidade reducida, independentemente de quen vaia a ser o condutor do mesmo.

Ademais tamén teñen dereito á exención do imposto de matriculación e de circulación ou rodaxe (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica-IVTM), este último solicítase nos concellos de residencia.